Site icon Crónica3.com A Mariña

Noxo en Foz

Noxo en Foz

Hai uns días este cidadán escribía a propósito do desastre no coidado das instalacións de Foz. A escrita serviu para que o Alcalde desbrozara (xa dicíamos que era vergonza coa de “máquinas” que ten o seu partido para desbrozar os servizos públicos no País e en Foz mesmo, co desmonte da Escola de Vilaronte e os Servizos Sanitarios). Pero seguimos sen solucionar todo o asociado as des-instalacións que reclamábamos (material didáctico propio de outros anos da Fundación que está desaparecido, parasois no local, poder usar o amplo local da escola con tarima flotante e non recluír os pícaros no local anexo en pedra. O Alcalde segue sen considerar necesario limpar, o local des-instalado para os pícaros e tampouco outras instalacións de Foz coma a da foto na piscina, desbrozando tamén o lixo e por tanto cheas de lixo. Sí lle deu tempo o alcalde a facer o ridículo na festa da bicicleta; noxo daba velo facendo 14 km sen casco (bo exemplo para os pícaros, sí señor) e bromeando cos premios que daba o Concello, sen lembrar quen patrocinaba o dado por que “eles daban tanto….”(supoño que o ano que ven os patrocinadores serán aínda menos, non me éstrana), noxo daba velo saudando (dúas paseantes do paseo marítimo exclamaban atónitas diante dos saúdos sen xeito que repartía no percorrido “¿quen era ese do pixama verde?”). O mesmo noxo do estado actual das instalacións en Foz.

Exit mobile version