Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que á praia de Altar irá a area do dragado da ría de Foz e a Arealonga e Coto a de Ribadeo

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE A PRAIA DE ALTAR SE REXENERARÁ CANDO SE PROCEDA AO DRAGADO DA RÍA DE FOZ E SUBLIÑA QUE A AREA DE RIBADEO SE VERTERÁ AO MAR PARA MELLORAR AREALONGA E COTO.

Barreiros, 20 de outubro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que a praia de Altar se rexenerará cando se proceda ao dragado da ría de Foz, e subliña que a area procedente de Ribadeo verteráse ao mar para proceder á rexeneración de Arealonga e Coto, entre outras.

O rexedor rexeitou as críticas realizadas nas últimas horas desde o BNG, “o que pasa moitas veces é que cando se descoñecen os temas e se quere falar por falar xurden declaracións coma as realizadas desde o BNG. Cando non se estudian nin se miran os proxectos e se fala de oídas pasan estas cousas”.

Fuente Parga apuntou que “non hai discrepancias nin desavenencias co alcalde de Foz, todo o contrario porque si se analizase o proxecto, si antes de fiarse dunhas informacións publicadas nun medio de comunicación, que non eran as correctas, xa que decían que se ía rexenerar a praia de Altar coa area extraída da ría de Ribadeo… si se analizara e se consultara o proxecto se vería que nunca se plantexou levar esa area para Altar, senón que esa area desde o primeiro momento se plantexou vertela directamente no mar, porque non é o mesmo depositala alí que nas praias. Verteráse no mar entre as praias de Arealonga e Coto. Arealonga é un areal que precisa de rexeneración. E eso foi o que se propuxo desde o primeiro momento, pero este asunto xurdiu debido a unha noticia publicada hai uns días”.

O alcalde de Barreiros sinalou que “en Altar o que está previsto é rexenerala co que se saque da dragado da entrada da ría de Foz, porque queda máis cerca e suporá un menor custe. Este areal desde que se mellorou hai anos está nunha boa situación, non ten rocas, está ben para uso e disfrute dos bañistas. Así está contrastado porque voltou a recibir a bandeira azul e todo o mundo pode disfrutar dela sen ningún problema. Ás veces se queren crear problemas onde non existen, eso é o que intenta facer o BNG”.

Alfonso Fuente engadiu que “este proxecto está estudiado por Portos de Galicia e sempre contando coas autorizacións de Costas. Insisto, a praia de Altar se rexenerará coa area que se extraiga da ría de Foz, para que beneficie aos mariñeiros de Foz e non perxudique tampouco á praia e o que se trae de Ribadeo axudará a rexenerar Arealonga e outras praias de Barreiros, pero faráse vertendo ao mar que despois a moverá esa area en función de cómo sexan as mareas”.

Exit mobile version