Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros xustifica que había máis de 20 anos que non se modificaban as taxas e impostos

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE HABÍA MÁIS DE 20 ANOS QUE NON SE PROCEDÍA EN BARREIROS Á MODIFICACIÓN DE TAXAS E IMPOSTOS E QUE XA TOCABA.

Barreiros, 26 de outubro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que había máis de 20 anos que non se procedía á modificación de taxas e impostos no municipio e que xa tocaba.

O rexedor explicou que “no pleno de onte a parte de elexir ás persoas que van participar nas mesas electorais e de aprobar a adaptación dos estatutos da Mancomunidade de Municipios da Mariña tamén se levaba a revisión de tres impostos, a creación de dúas novas taxas e a revisión da de augas”.

Fuente Parga dixo que “xa tocaba porque había 22 anos que non se modificaban, en momentos de bonanza o Concello foi asumindo eses incrementos no custe destes servizos e agora había que introducir variacións para poder garantizar os servizos sociais e todos os servizos que se prestan aos cidadáns. Esto é unha reorganización de impostos e de taxas e non podemos decir que non vaia supoñer un incremento para os veciños, a suba é moderada e pode ser asumida”.

O alcalde barreirense referíuse ao BNG “que propoñía unha rebaixa no imposto de construcción para aquelas reformas en vivendas, e resulta que consultada a secretaría do Concello non hai cabida na lei para incluir neste apartado. Xa están incluidas todas as bonificacións establecidas por lei como son as referidas a construccións vinculadas a unha actividade agraria, aí seguirán pagando o mesmo imposto que pagaban, ao igual que as familias numerosas e a construcción de vivendas de protección oficial, todas estas bonificacións que recolle a normativa”.

Alfonso Fuente indicou que “se crea a taxa de alcantarillado que neste concello non existía, só había o entronque e cremos que é un servizo que se estaba a prestar, principalmente, ás segundas residencias nas novas urbanizacións, que eran as grandes beneficiadas. Eso estaba a supoñer un coste que era o do mantemento da depuradora e do persoal que está vinculado a ese servizo e os investimentos que se fan en saneamento e agora tocaba repercutir ese servizo”.

Exit mobile version