Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela molesto coa visita do Ministro de Fomento á localidade

Nota de prensa

“AS PROMEAS DE BLANCO SOBRE O CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO SON UN INSULTO Á CIDADÍA”, AFIRMA O ALCALDE DE BURELA. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑOU QUE AS OBRAS DO NOVO EDIFICIO DE CAPITANÍA ESTÁN PARALIZADAS E CONSIDERA QUE A VISITA DE BLANCO A BURELA “É UNHA INUTILIDADE”.

Burela, 29 de outubro de 2011. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, afirmou que “a visita, no día de hoxe, de José Blanco a Burela e as súas promesas sobre o corredor Barreiros-San Cibrao son unha auténtica inutilidade e un insulto aos cidadáns”.

O rexedor burelés  indicou en referencia ao corredor Barreiros-San Cibrao que “as alegacións presentadas polos veciños e polo mesmo Concello de Burela levan tres anos sen resolverse. Agora, tres semanas antes das eleccións, Blanco ven a Burela e di que se resolverán en dìas, e eso ninguén o cre, porque Blanco é un ministro que sae dun goberno, o de Zapatero, que actuou baixo o criterio de non decir nunca a verdade e de enganar aos cidadàns. Por eso agora tampouco resulta creíble.”

O alcalde de Burela sinalou que “menos creíble aínda resulta que diga que vai contratar as obras do corredor Barreiros-San Cibrao a finais de 2012. Tivo anos para facer a adxudicación e agora vennos con semellante ocurrencia que só pode ser entendida porque el é consciente de que non será ministro despois do 20 de novembro”.

Por outra banda, José María González Barcia afirmou que “é significativo o silencio de José Blanco sobre as obras de execución do novo edificio de Capitanía, pactadas durante o anterior mandato municipal do PP, porque están a sufrir un considerable retraso, quedando lonxe o cumprimento dos prazos de execución. Nestes momentos, as obras están prácticamente paralizadas, aínda que tiñan que estar xa rematadas, porque o prazo para realizalas era de dez meses”.

O alcalde burelés rematou indicando que “Blanco nunca dixo a verdade no que a Burela se refire, ocultando as súas intencións reais, e polo tanto non é merecedor da confianza dos bureleses”.

Exit mobile version