Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo agasallou a unha señora centenaria de Viladesuso en nome da corporación

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo entrega hoxe dun ramo de flores para agasallar á veciña deste municipio, María Baltar Villarino, polo seu cen aniversario. Dona María naceu o 14 de outubro de 1911 e reside xunto coa súa familia no núcleo de Viladesuso. Alí foi onde recibiu a felicitación do rexedor, quen lle desexou en nome de toda a corporación municipal moita felicidade para os vindeiros anos.

Exit mobile version