Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo agarda que as forzas de seguridade dean cos autores dos dous últimos conatos de incendio

Nota de prensa

DOUS CONATOS DE INCENDIO SE PRODUCIRON NAS ÚLTIMAS HORAS EN RIBADEO. FERNANDO SUÁREZ CONTOU QUE OCORRERON EN DOUS PUNTOS DISTINTOS DA N-642. O REXEDOR AGARDA QUE AS FORZAS DE SEGURIDADE DEAN COS AUTORES DESTES LUMES.

Ribadeo, 19 de outubro de 2011. Dous conatos de incendio se produciron nas últimas horas en Ribadeo. Segundo explicou o alcalde, Fernando Suárez, ocorreron en dous puntos distintos da N-642, a estrada que vai de Ribadeo a Porto. O rexedor agarda que as forzas de seguridade dean cos autores destes lumes.

Suárez Barcia contou que “esta noite algún desalmado, algunha persoa ou algún sinvergoña volveu ás andadas e de feito tivemos dous conatos de incendio a pasada noite, un sobre as dúas da madrugada en dous puntos distintos da N-642, a estrada que vai de Ribadeo a Porto, moi cerquiña onde nestas últimas semanas xa se produciu tamén algún outro conato de incendio. Afortunadamente os servizos do Grumir coa colaboración da Garda Civil axudaron a extinguilo”.

O alcalde seguiu a relatar que “de cara ás oito da mañá voltou a retoñar, a reproducirse. Chama a atención que houbo dous focos, no kilómetro 4 e no kilómetro 6, o que evidencia que son lumes intencionados por parte de alguén”. Fernando Suárez agarda que “as forzas de orde público investiguen todo canto poidan para dar con esta xente que non merece nada. Non sei o que persiguen a parte de facer mal á colectividade de homes e mulleres deste concello”.

Exit mobile version