Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao alcalde de Muras de malversación de diñeiro público no proxecto da Aldea Etnográfica

Nota de prensa

O BNG acusa ao alcalde de Muras de malversación de diñeiro público no proxecto da Aldea Etnográfica.

Os nacionalistas sospeitan que se están inflando as cantidades das certificacións de obra nas que nas que so figura a sinatura dun técnico alleo ao concello

Muras, 14 de outubro de 2011. O BNG denuncia unha posible malversación de fondos públicos no proxecto da Aldea Etnográfica proxectada en Muras, promovida polo goberno local con financiamento da Consellería de Presidencia e con cargo ao Plan de Compensación Medio Ambiental. Os nacionalistas sospeitan que poderíamos estar diante dunha utilización fraudulenta de fondos públicos a tenor do elevado das facturas presentadas a propósito das obras levadas a cabo na propia aldea, así mesmo sospeitan da legalidade das mesmas pois só se teñen presentado as certificacións do Enxeñeiro de Obra non contando con ningunha certificación por ningún representante da administración local.

O BNG xa ten denunciado no inicio do proxecto da Aldea Etnográfica que o alcalde Issam Alnagm Azzam se tiña beneficiado directamente da subvención para a creación da Aldea Etnográfica no lugar de Carelle pertencente á parroquia do Burgo, promovida polo propio Concello e financiada có Fondo de Compensación Ambiental pola instalación de parques eólicos no seu Concello.

O Sr. Alnagm Azzam era propietario da maioría das fincas e propiedades inmobiliarias sobre as cales se están a acometer as obras da Aldea Etnográfica, chegando a ingresar a cantidade de 270.000 euros pola venda das mesmas ao Concello de Muras, no cal exerce coma alcalde.

Os nacionalistas consideran unha vergoña e unha desfachatez o discurso do PP, que predica austeridade e optimización dos recursos pero que na persoa do Sr. Issam Alnagm Azzam non se aplica tanto pola súa dedicación exclusiva 3.300 euros brutos ao mes ,coma pola mezcla de intereses entre o privado e o público reflexado nas vendas da aldea etnográfica.

Exit mobile version