Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá asegura que o concello discrimina aos seus traballadores

Nota de prensa

LOURENZÁ

O BNG DE LOURENZÁ CREE QUE O CONCELLO DESCRIMINA ÓS SEUS TRABALLADORES

Lourenzá, 6 de outubro de 2011. O BNG de Lourenzá observa que unha vez máis as continuas contradicións do equipo de goberno do PP laurentino polo feito de non deixar de presentar e anunciar plans de axuste e austeridade que sempre van encamiñados na mesma dirección, para os nacionalistas laurentinos todos estes plantexamentos do goberno municipal só son unha cortina de fume destinada a encubrir a sua evidente falla de proxecto para o concello e os desequilibrios e desigualdades que a sua xestión está a xerar pois segundo explicou o seu portavoz local César Docampo “non é lóxico falar da difícil situación económica do concello cando o Sr. Alcalde de Lourenzá se aproba unha indemnización por quilometraxe de 0,32€ por quilómetro mentres que as empregadas do servizo de atención a domicilio perciben 0,19€ por quilómetro, todo isto fai posible que o Sr. Alcalde supoña un custe engadido de máis de 500€ mes a parte do seu alto salario de 2586€ mensuais, xerando así un gasto preto dos 3200€ ó mes netos máis gastos de telefonía”.

O BNG non minte cando di que o servizo de atención a domicilio non está ben cuberto

O BNG de Lourenzá foi acusado de mentir polo equipo de goberno laurentino cando afirma que se están a rexeitar solicitudes de axuda a domicilio cando o noso grupo ten o coñecemento de que varias solicitudes feitas para ampliar as horas de atención a domicilio foron rexeitadas e opina que tal vez o concello debería de revisar os parámetros ou plantexamentos que están a empregar para valorar e conceder o servizo de axuda a domicilio pois sabemos que se lle está a conceder a xente que ainda retirada non vive soa e que está a traballar no campo e en cambio no se amplía o horario de persoas octoxenarias que viven soas e son moito máis dependentes de axudas externas por ese motivo o BNG de Lourenzá está disposto a esixir uns criterios de selección que deberían de ser máis técnicos e menos clientelares.

O PP de Lourenzá non contesta as preguntas ou peticións do BNG

Os nacionalistas Laurentinos tamén están dispostos a sair ao paso das críticas que o PP local verteu decido que o que o Bloque pretendía era sair a luz como unha simple medida propagandística ou electoralista en este senso o concelleiro portavoz do BNG César Docampo argumentou “ O BNG de Lourenzá lamenta o pouco control que o alcalde ten sobre o rexistro municipal pois en pouco máis de catro meses de lexislatura xa rexistramos máis de 25 escritos nas dependencias municipais entre mocións, rogos, preguntas, solicitudes de información e mesmo unha enmenda aos presupostos e temos a obriga de recordarlle que moitas ainda están sen contestar que ó noso entender é a sua obriga, o que deberían facer é adicarse a gobernar e non a vendernos fume como cando anunciou un aumento de servizos no centro de saúde que nunca se chegaron a producir e creemos que nunca se producirán”.

Así mesmo o BNG laurentino tamén pediu explicacións sobre o estado actual das obras de limpeza do encoro municipal que se encontran totalmente paradas e si este feito tendo en conta a seca actual non afectará ao suministro de auga do concello.

Exit mobile version