Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove fai numerosas achegas ao PXOM que se aproba hoxe en sesión plenaria

Nota de prensa:
Ampla aportación do BNG de Xove ao PXOM que se aproba hoxe en sesión plenaria

O Bloque Nacionalista Galego foi unha das formacións políticas máis activas e colaboradoras na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Algunhas das máis importantes alegacións do BNG ao PXOM versaron sobre:

-A revisión do aliñamento do núcleo urbano de Xove (dado que os límites marcados inicialmente polo Plan Xeral estabelecían recortes incomprensíbeis e anulaban zonas nas que existían pequenas edificacións).

-A ampliación dos núcleos tradicionais de Portocelo e Canelas (nos que se excluían vivendas con máis de 50 anos).

-A reserva de zonas de ampliación de núcleo (co obxectivo de incluír na ordenación as vivendas que se ían construír, tendo en conta as licenzas concedidas).

-A revisión e actualización do catastro do Concello de Xove, dados os numerosos erros advertidos en canto á existencia das distintas leiras (deficiencias referidas a superficie, parcelamento e segregación)

-A inclusión do Castro da Rigueira, da Igrexa de Monte ou da Igrexa de Portocelo nas Áreas de Interese Arqueolóxico.

-A sinalización de forma clara dos puntos de vertido existentes e a previsión dos que se prevén de cara ao futuro.

-A protección das marxes do actual Sistema Xeral Ferroviario (co fin de que no futuro poidan acometerse as obras de ampliación e mellora da rede ferroviaria, así como unha hipotética parada para usos industriais e da poboación no Polígono Industrial de Camba).

-A previsión no plano xeral da posible mellora das estradas interiores do Concello de Xove.

-A correcta delimitación dos límites xeográficos entre os concellos de Xove e Viveiro (en concreto o núcleo de Reboredo presentaba dúas liñas de deslinde entre a estrada do Cruceiro a Area e Castelo, o que supoñía unha dúbida e unha inquedanza para os propietarios das fincas por non saber a que termo municipal pertencía a súa propiedade).

Exit mobile version