Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda un servizo de cercanías ferroviarias na Mariña para vertebrar a zona

Nota de prensa

Bernardo Fraga denuncia que o Estado está incumprir o acordado en relación co tren na Mariña.

Os nacionalistas reivindican as cercanías cunha viaxe en tren de Ribadeo a Viveiro o Domingo 23.

O BNG demanda un servizo de cercanías ferroviarias na Mariña para vertebrar a zona.

A Mariña, 19 de outubro de 2011. O Bloque Nacionalista Galego vai organizar o vindeiro Domingo 23 de outubro unha viaxe reivindicativa en ferrocarril dende Ribadeo a Viveiro, con saída da Estación Ribadense ás 11:00, co fin de volver a demandar un servizo de cercanías ferroviarias na Comarca da Mariña e un Plano de reubicación de estacións e apeadeiros co fin de achegar o servizo á poboación. A viaxe en tren que partirá de Ribadeo ás 11:00 h terá remate na estación de Ferrocarril de Viveiro, onde se concentraran os nacionalistas para dar lectura a un manifesto que recolle o contido das súas demandas.

Segundo indica Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde de Viveiro e Candidato do BNG ao Senado, “non se trata dunha reivindicación nova para o BNG, posto que a vimos plantexando de xeito insistente desde os anos 90 pero chegou o momento de que se converta nunha realidade como xeito de vertebración da comarca, na perspectiva de optimizar o transporte público na mesma e tamén para que A Mariña non se quede atrás nun momento no que as proximidades estanse a xeneralizar no conxunto dos territorios do estado e non só nas áreas metropolitanas das cidades. Non temos dúbida que cun investimento mínimo as potencialidades serían moitas”.

Poucas liñas e con horarios alleos ás necesidades reais da comarca e dos seus cidadáns

Fraga criticou “que a día de hoxe de Ribadeo ate Viveiro só hai catro liñas diarias con saídas ás 6:50, ás 11:12, ás 14:45 e as 18:17 e de Viveiro até Ribadeo outras tantas con saídas ás 9:59, ás 12:18, ás 17:07 e ás 20:34, liñas que á marxe de ser insuficientes teñen uns horarios que non son os axeitados para responder as demandas dos seus potenciais usuarios na medida que non teñen en conta as quendas laborais e tampouco os horarios de atención ao publico dos servizos públicos que son comúns aos veciños da zona. O horario esta fixado unica e e exclusivamente atendendo a demanda da ruta Ferrol-Xixón ou Xixón-Ferrol”. Neste sentido Fraga denunciou “que do mesmo xeito que na comarca de Ferrol ven funcionando un servizo de cercanías ou na área de Xixón, este servizo non só tecnicamente é posíbel senón que é necesario na Comarca da Mariña”.

Esixencia no cumprimento de acordos parlamentares de finais dos anos noventa, mais apeadeiros significa mais usuarios.

O Tenente de Alcalde de Viveiro demandou “ que o Estado cumpra cos compromisos adquiridos coa Comarca tanto en sé parlamentaria como nos Orzamentos do Estado para levar adiante o Plano de Reubicación de Apeadeiros acordado en 1999, onde o Goberno do Estado se comprometía en fixar unha parada en Foz máis preto do casco urbano e outro tanto en Xove, Barreiros e Vicedo así como a construción do ramal ferroviario a Alcoa e a parada no Polígono Empresarial de Ribadeo, posto que dese Plano só se executou a actuación en San Cibrao e en Covas. Non hai dúbida, posto que así o certifican os propios dados de FEVE, que a proximidade das paradas aos núcleos de poboación fan aumentar na nosa zona o número de viaxeiros por tren”.

Cun mínimo investimento o servizo melloraría substancialmente na franxa costeira da comarca

Nesta dirección o nacionalista esixiu “que o Estado invista o comprometido tamén na mellora das dotacións do ferrocarril na zona, particularmente nas locomotoras posto que nos tramos de Ferrol a Xixón estanse a utilizar maquinas moi antigas, sendo posíbel acurtar os traxectos mesmo co actual trazado de vía e sen ter que proceder a súa electrificación con novos equipos. Pensemos que a día de hoxe a viaxe entre Viveiro e Ribadeo ven durando unha hora, dado que a velocidade media do tren é de 40 Km/H, con outras locomotoras poderíase situar a velocidade sen ningún tipo de risco en 60Km/H tal como teñen recoñecido os responsábeis da empresa pública FEVE, coas vantaxes que isto tería para achegar persoas e territorios na Comarca até o punto de que con estas velocidades o desprazamento por ferrocarril sería máis rapído que o do transporte público por estrada. Esta claro que a posta en marcha deste servizo requiriría un investimento mínimo, polo tanto non é un problema de diñeiro senón de falta de vontade política e tamén da consideración que ten o Estado Español desta parte do norte galego. Nin somos a periferia da periferia nin imos consentir que o Goberno do estado pretenda converternos niso ”.

Exit mobile version