Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o alcalde de Alfoz paga facturas dúas veces

Nota de prensa:
“O Bng denuncia que alcalde de Alfoz paga facturas dúas veces”

Dende o Bng de Alfoz denunciamos que o alcalde, o señor Lousas está aprobando facturas de forma irregular, está aprobando facturas duplicadas, en algúns casos co mesmo importe e noutros casos aproba a mesma factura con importes distintos.

Tamén se están dando casos, nos que aproba facturas para o mesmo pagamento en distintos meses, e decir aproba unha factura para pagar un concepto no mes de xuño e volve a aprobar a mesma factura no mes de xulio para volver a pagar o mesmo concepto.

Algo que se comproba e se demostra ó cotexar os listados de facturas aprobadas que nos entrega a alcadía en cada sesión plenaría.

“É verdadeiramente grave que Lousas cometa estas irregularidades””temos que recordar que o Consello de Contas de Galicia xa lle abrira unha investigación ó concello de Alfoz” , parece ser que Lousas continúa a cometer irregularidades, xa que no listado de facturas que el mesmo nos entregou nos dous últimos plenos mostran claramente as irregularidades.

“E moi triste que os veciños de Alfoz teñan un alcalde que non sabe nin o que firma, nin as facturas que paga, nin si están ben ou mal, nin si as paga dúas veces”

Co caro que nos sae este alcalde a todos os veciños de Alfoz e está a firmar a contabilidade de facturas repetidas, e decir o alcalde aproba para pagar a mesma factura dúas veces, tamén hai casos nos que aproba para pagar a mesma factura con distintos importes e casos nos que realiza a aprobación da mesma factura en meses distintos.

Eu mesmo lle preguntei no último pleno si tiña coñecemento do que estaba a facer,, das graves irregularidades que estaban a cometer coa aprobación de facturas e contestou que non, pero no seguinte listado de facturas aprobadas e firmadas por el podemos comprobar que continúan cometendo irregularidades.

“Queremos que todos os veciños de Alfoz sepan o que está facendo esta goberno do PP co seu diñeiro”

Exit mobile version