Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta ao goberno galego a manter o servizo de ambulancia de Foz, Valadouro e Barreiros durante as 24hs do día

Nota de prensa

O BNG INSTA AO GOBERNO GALEGO A MANTER O SERVIZO DE AMBULANCIA DOS CONCELLOS DE, FOZ VALADOURO E BARREIROS DURANTE AS 24hs DO DÍA

O BNG rexistra unha iniciativa ao fin de manter un servizo sanitario que da cobertura a unha poboación de 15.000 persoas ademais de atender as asistencias excepcionais doutros concellos e residentes non censados

Santiago de Compostela, 31 de setembro, 2011. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez rexistrou unha Proposición non de lei pola que insta ao Goberno galego a manter o servizo de ambulancia dos concellos de Foz, Valadouro e Barreiros.

O parlamentario nacionalista explica que, ademais da poboación destes concellos, (15.000 habitantes), a ambulancia presta servizo aos visitantes e residentes non censados e asistencias en casos excepcionais dos concellos de Mondoñedo, Burela, Ribadeo ou Trabada.

Parga Núñez engade que o Sergas decidiu suprimir unha quenda no servizo de ambulancia que operaba as 24 horas, que supón unha perda do horario nocturno derivando parte da súa carga de traballo á ambulancia medicalizada (única na comarca) o que está a mermar a operatividade e rapidez de resposta nun servizo considerado especializado para a atención sanitaria urxente.

Asemade, engade Parga, a unidade asistencial con base en Foz tamén realiza traslados intra-hospitalarios e transporta pacientes a outros hospitais de fora da comarca polo que a súa dispoñibilidade no é permanente nin cubre con efectividade os servizos que prestaba durante 24 horas.

Exit mobile version