Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide forza en Madrid para que a PAC non prexudique a Galiza

Nota Prensa

“Se alguén sabe ben que non todos somos iguais ese é o sector cooperativo”, afirma Estoa.

O BNG pide forza en Madrid para que a PAC non prexudique a Galiza.

Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego da que facían parte entre outros o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, ou os candidatos do BNG ao Congreso e ao senado pola Mariña, mantiveron na xornada de hoxe unha xuntanza co Consello Reitor da “Cooperativa Os Irmandiños” na que os nacionalistas explicaron as súas propostas en materia de política agraria e recolleron as suxestións que este colectivo, representativo do sector agrogandeiro da comarca lles fixeron chegar .

O candidato do BNG ao Congreso e Alcalde de Riotorto, Federico GutiérrezEstoa, expresou “ a importancia que ten para o conxunto do complexo agrogandeiro galego ten a lexislatura que arranca após o 20 N, posto que vai ser o vindeiro goberno a quen lle toque negociar en Bruxelas a proposta da PAC e aínda máis se temos en conta que cada vez é maior a discrecionalidade dos Estados a hora de repartir os fondos da mesma. Tanto é así que dos 5000 millóns que segundo a proposta da Comisión vai recibir o Estado Español, este poderá reservar un 5% para zonas que presentan o que na xerga comunitaria se coñecen como handicapscorrespondéndolles tamén definir cales son estas. Asemade o Goberno Central poderá reservar tamén un 10% deses 5000 mil millóns de Euros para réximes de apoio vinculados a producións determinadas, se ben do propio estudo de impacto da Comisión se deduce que unha das grandes prexudicadas van ser as explotacións lácteas, algo que o propio Feixoo deu como bo no chequeo da PAC”.

O nacionalista insistiu “en que vai ser o Goberno saído das urnas á vista do exposto quen reparta a parte máis substancial das axudas e só Galiza non vai perder nese reparto se o nacionalismo ten un peso significativo en Madrid, porque se alguén é especialista en defender a Galiza é o BNG.” Estoa continuou afirmando “que temos demostrado que non todos somos iguais, é se algún sector coñece ben o tema é o sector cooperativo até o punto de que mentres o BNG desde o Goberno na Xunta apostaba por un Plano Eólico que blindaba ao movemento cooperativo, para poñer a andar un grupo lácteo vinculado ao mesmo, foi chegar os populares a Xunta, anular de xeito ilegal o Decreto, e deixar desarmado ao sector para levar adiante un proxecto estratéxico para os produtores e para o conxunto do País como é a posta en marcha do grupo lácteo galego.É necesario que na actual lexislatura se poña a andar o mesmo porque tan importente como unha PAC que non discrimine ao noso País é contar cun sector de transformación competitivo porque a día de hoxe o sector lácteo segue a ser a columna vertebral do rural galego”.

Os representantes do BNG fixeron fincapé “que é prioritario garantir que se lle repercuta ao consumidor final os prezos de produción, e iso é posible,porque agora non vale o argumento de que estaríamos violando as regras do libre mercado, facendo dumping xa que o conto rematou no momento en que o Estado saíu rescatar a Banca. Non pode ser que as grandes distribuidoras operen como auténticos monopolios fixándolle o prezo ao produtor e tamén a industria posto que hai mecanismos legais suficientes para limitar estas prácticas olipolícas como acontece en outros Estados da Unión Europea.É escandaloso que as grandes empresas da distribución están pretendo manter á súa marxe de beneficio, debilitado pola caída do consumo, en base a apertarlle aos produtores”.

Exit mobile version