Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG respóndelle ao PP sobre a representación en Portos de Galiza

NOTA DE PRENSA BNG A MARIÑA

Parece que o Sr. Balseiro e o PP están moi preocupados porque o BNG teña un representante en Portos de Galicia. É para nós unha satisfacción que ao Partido Popular lle preocupe que por fín alguén na Mariña volva a retomar temas que o PP e o señor Balseiro tiñan esquecidos: a apertura do dique norte de Alcoa, a representatividade de Lugo e A Mariña na Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (donde só hai representación do PP pero caladiña), o reparto de inversións en función dos ingresos proporcionados por San Cibrao……. afirmaron desde o BNG.

Estas cínicas manifestacións do deputado Balseiro evidencian que o BNG está na boa liña, defendendo as históricas demandas de A Mariña, e danlle vixencia ao vello dito de “ladran, logo cabalgamos”.

Desde o BNG lamentan que o PP, a través de Balseiro volva á política barriobaixeira e de total ausencia de rigor que o caracterizou en anos anteriores, pois este deputado debera primeiro contrastar os motivos (de índole persoal) que lle impediron ao Sr. Veiga tomar posesión do seu cargo semanas atrás. E debería saber tamén o Sr. Balseiro que desde a Deputación de Lugo se lle comunicou a Portos de Galicia a imposibilidade de asistir Antonio Veiga á ultima reunión de Portos de Galicia e que tomará posesión na seguinte sesión.

Exit mobile version