Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS gañou con comodidade (2-5) e un excelente traballo de Brais no pavillón do Gáldar Gran Canaria

Nota de prensa
O PRIMEIRO TRIUNFO LARANXA CHEGA CON BILLETE CANARIO (2-5)

Efectivamente, o Burela FS Pescados Rubén puido materializar o despegamento de 2011-12 e nunha das pistas máis duras da categoría. O primeiro triunfo da tempada chega tras o 2-5 ante o Colegios Arenas Gáldar, nunha tarde na que os laranxas combinaron a boa finalización co excelente traballo de Brais baixo os paus.

Aínda que ambas as escuadras descubriron as cartas do ataque frenético, foi Víctor Cachón o primeiro en obter recompensa, inaugurando o electrónico no minuto 10. Dani Martín, con asedios continuos na meta rival, asumiu a autoría do 0-2, a dous minutos para o descanso. O remate da primeira parte facía presaxiar un bo desenlace.

Aínda que os pupilos de Quique García volveron enchufadísimos á pista, xa no primeiro minuto Julio puido reducir distancias (1-2). Tras constantes tentativas por ambos os dous lados, Juanma subiu o 1-3 (minuto 31). A falta de catro minutos para o asubío final os insulares optaron polo xogo de cinco. Co tempo escapando, Augusto deu alas co 2-3, no 38, pero o Mariskal, Juanma, primeiro e Purao despois deron o golpe de autoridade para sentenciar o resultado favorable aos mariñáns (2-5).

Ficha técnica

GÁLDAR 2-5 BURELA FS

Ficha técnica

Gáldar Gran Canaria: Sergio Gama, Glauber, Minhoca, Aitor y Augusto, en el cinco inicial; también jugaron Yoni, Flavio, Safar, Zeus, Néstor y Julio

Burela FS-Pescados Rubén: Brais, Purao, Ique, Dani Martín y Clebinho, en el cinco inicial; también jugaron André, Juanma, Víctor Cachón, Manu e Iago Míguez

Goles:0-1, minuto 10, Víctor Cachón; 0-2, minuto 18, Dani Martín; 1-2, minuto 21, Julio; 1-3, minuto 31, Juanma; 2-3, minuto 38, Augusto; 2-4, minuto 39, Juanma; 2-5, minuto 39, Purao.

Árbitros: Arance García y Rubio González, del Colegio Madrileño. Amonestaron por los locales a Aitor, Glauber, Minhoca y por los visitantes a Purao; expulsaron por doble tarjeta a Aitor (minuto 28)

Exit mobile version