Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS-Pescados Rubén defenderá o título de bicampión autonómico ante o Ponte Ouren

Nota de prensa

PONTE OURENSE, OBXECTIVO BURELISTA NA SEMINIFAIS DA COPA GALICIA (LALÍN, 11-12 OUTUBRO)

Tan só poderá quedar un. Defendendo o título de bicampión autonómico, o Burela FS-Pescados Rubén terá como obxectivo a nada máis e nada menos ca o campión da liga 2010-11 e supercopa, o flamante Ponte Ourense, nas semifinais da XXI Copa Galicia. As instalacións do Lalín Arena, en Pontevedra, acollerán a cita a vindeira semana, entre o 11 e o 12 de outubro.

Así o deixou definido o sorteo realizado onte na sede da Federación Galega de Fútbol Sala, no complexo coruñés de Elviña. Ourensás e burelás abrirán a recta final da Copa o martes 11, ás 19.30. Dúas horas máis tarde, na segunda semifinal o terceiro representante de Primeira, Cidade das Burgas, verase as caras co Leis Pontevedra, de Segunda División. O mércores o título resolverase a partir das 12.00 horas.

O último duelo entre Ponte e Pescados Rubén, hai tan só un par de semanas na terceira xornada da liga, caeu na vertente ourensá, cun axustadísimo 0-1. No entanto, as últimas edicións da Copa evidencian as posibilidades do cadro de Javier Pardeiro ante este poderoso rival, aínda que nesta ocasión contará co hándicap da lesión de Peque, pendente de diagnóstico definitivo, e a ausencia de Jozi, concentrada coa selección brasileira. En 2009, as mariñás venceron as ourensás en semifinais por un contundente 0-6; en 2010, ambos os conxuntos loitaron polo título na final, que regresou a Burela (0-2).

Martes 11 de outubro

19.30 horas: Burela FS Pescados Rubén-Ponte Ourense

21.30 horas: Leis Pontevedra-Cidade das Burgas

Exit mobile version