Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Lectura de Francisco Lanza reúnese para comentar o libro de Eva Moreda, “A Veiga é como un tempo distinto”

O Club de Lectura da Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha reunión para comentar o libro de Eva Moreda, “A Veiga é como un tempo distinto”. Será o próximo xoves, día 27, ás 20:30 horas, na Casa das Letras, en Ribadeo. Este é o segundo libro que propón comentar a Agrupación Cultural, xa que comezou a súa andaina o pasado verán co libro de Lois Diéguez, “A poutada do oso”. Na reunión tamén se farán propostas sobre que libro se traballará o próximo mes.

Exit mobile version