Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela conmemorará en 2012 os cen anos do cemiterio parroquial

Nota de prensa:

O CONCELLO DE BURELA CONMEMORARÁ EN 2012 OS CEN ANOS DO CEMITERIO PARROQUIAL. MÓNICA PEDRE ESTUDIA A EDICIÓN DUNHA PUBLICACIÓN CON TEXTOS E OUTRO MATERIAL SOBRE O CAMPOSANTO.

Burela, a 21 de outubro de 2011. O Concello de Burela vai celebrar durante o vindeiro 2012 os cen anos de existencia do cemiterio parroquial, ubicado no lugar da Bouza dos Picos, nunha finca cedida a principios do século pasado pola familia Vispo. Este cemiterio abríuse no ano 1912 e nel están enterradas moitas persoas que contribuiron co seu traballo e esforzo a que Burela sexa hoxendía o que é.

A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, sinalou que “o obxectivo do equipo de goberno é triple: por un lado, a conmemoración en si mesma; por outro, aproveitar para rendir unha sentida homenaxe a todas as persoas que están enterradas no cemiterio e que dun xeito ou de outro contribuiron a que Burela progresara e sexa o que é, e por último afondar no coñecemento da historia da vila”.

A edil burelesa indicou que “desde o Concello se comenzou xa a traballar no deseño da celebración. A intención é que sexa unha celebación sinxela, como sinxela era e é a xente de Burela, e tamén que sexa unha celebración participativa, atendendo precisamente a ese carácter de permanente colaboración que caracterizou de sempre aos cidadáns bureleses”.

Mónica Pedre avanzou que “se está estudiando a edición dunha publicación na que se recollan datos históricos sobre a construcción do cemiterio, data de inicio das xestións, importe das obras, etc, así como material fotográfico e documental. Neste senso, no referido ó material fotográfico e a documentos, animo ás persoas que posúan fotos vencelladas co cemiterio parroquial ou calquera documentación ao respecto, a que as cedan temporalmente ao Concello para a súa reproducción e posterior uso”. Pedre adiantou que “xa nos puxemos en contacto coa Confraría de Pescadores de Burela, entidade que abona o importe da luz do cemiterio parroquial, e que conta no seu arquivo con documentación ao respecto. Tamén houbo contactos co Concello de Cervo, para buscar posible documentación referida ao camposanto burelés”.

A concelleira de Cultura tamén manifestou que “haberá unha coordinación absoluta entre o Concello por un lado, e a parroquia por outro, a través do cura párroco, Ramón Marful, coñecedor das intencións do Concello e valedor das mesmas”.

Mónica Pedre considera que a finais de ano pode quedar pechado o programa de actos, para o que tén previsto celebrar varias reunións nos próximos días.

Exit mobile version