Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela eliminou uns postes situados a carón do CEIP Virxe do Carme

Nota de prensa:
O CONCELLO ELIMINOU UNS POSTES EN DESUSO UBICADOS A CARÓN DO CEIP VIRXE DO CARME. FERNÁNDEZ VALLE LEMBROU QUE PRESENTARON UNHA MOCIÓN PARA QUE O BIPARTITO OS RETIRASE, PERO “O SEÑOR LLANO DIXO QUE NON ERA UNHA CUESTIÓN PRIORITARIA”.

Burela, 5 de outubro de 2011. O Concello ven de eliminar uns postes en desuso situados na zona de Os Castros, a carón do CEIP Virxe do Carme. O equipo de goberno continúa así coas medidas postas en marcha para a mellora do entorno e da seguridade na vila.

O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, sinalou que “estes postes formaban parte do antigo alumeado que foi substituido por novos báculos durante a anterior etapa de José María González Barcia como alcalde de Burela. Naquel momento o cableado aéreo pasou a soterrarse”.

Valle lembrou que “durante o goberno do bipartito presentamos unha moción para proceder á eliminación deses postes, pero o señor Llano respostou que non era unha cuestión prioritaria e deixou aparcado o asunto”.

O Concello procedeu tamén nos últimos días a retirar o andamio dunha obra, que está parada desde hai tres anos, na rúa Pascual Veiga.

Exit mobile version