Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela habilita aparcamentos en solares privados cedidos temporalmente de xeito gratuíto

Nota de prensa

O CONCELLO HABILITOU UNHA ZONA DE APARCAMENTO NA RÚA EIJO GARAY E ACONCIDIONA OUTRA PRETO DO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.

Burela, 18 de outubro de 2011. O Concello habilitou unha zona de aparcamento de 700 metros cadrados na rúa Eijo Garay, segundo ven de anunciar o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popular asegura que “dito aparcamento goza de moita aceptación entre os veciños de Burela e entre os que acoden a esa zona da nosa vila”. Fernández Valle subliña que “ademais estamos procedendo a acondicionar outro lugar duns 1.400 metros cadrados, moi preto do parque Rosalía de Castro na rúa Castelao”.

O concelleiro de Obras sinala que “estes aparcamentos estanse a poñer en marcha en fincas privadas cedidas amablemente de xeito gratuíto polos seus propietarios con carácter temporal, é dicir, ata que o estimen conveniente. Para o Concello é unha moi boa noticia, porque non terá ningún custe para as arcas municipais”. E engade que “tendo en conta que as perspectivas de nova construción, polo momento, non son moi altas dámoslle así un uso a estes terreos, que están situados en puntos moi importantes da nosa vila e que ofrecen unha grande facilidade aos usuarios para aparcar en Burela”.

O equipo de goberno de Burela continúa así coas medidas postas en marcha para mellorar o entorno do concello.

Exit mobile version