Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela opta ao premio CONAMA á sustentabilidade de pequenos e medianos municipios

Nota de prensa:
O CONCELLO OPTA AO PREMIO CONAMA Á SOSTENIBILIDADE DE PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS. OS INTERESADOS EN APOIAR O PROXECTO PRESENTADO POR BURELA PODEN PARTICIPAR NUNHA VOTACIÓN ON-LINE ATA O VINDEIRO 7 DE NOVEMBRO.

Burela, 26 de outubro de 2011. O Concello de Burela opta ao premio CONAMA á Sostenibilidade de Pequenos e Medianos Municipios co proxecto Transmitindo sostenibilidade Aula Medioambiental-Barco Museo Reina del Carmen.

Segunda explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “o galardón, de carácter honorífico, distingue os mellores proxectos a favor da sostenibilidade nos municipios españois e tamén valora a participación cidadá para que a sociedade coñeza e apoie as iniciativas que se realizan fora e dentro dos seus territorios”.

A edil popular subliñou que “os interesados en apoiar o proxecto de Burela poden participar na votación on-line ata o 7 de novembro, que terá o peso dun membro máis na decisión final do xurado”. Para votar é preciso entrar na seguinte dirección: www.premioconama.org/premios11/premios/proyectos_popup.php?id=19

Exit mobile version