Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela pide a Fomento o traspaso da titularidade do estrada de servizo paralela á variante

Nota de prensa

O CONCELLO INICIA UN EXPEDENTE PARA RECLAMAR A FOMENTO O TRASPASO DA TITULARIDADE DO VIAL DE SERVIZO QUE DISCORRE ENTRE O HOSPITAL E OS DEPÓSITOS DA AUGA, PARALELO Á VARIANTE. GONZÁLEZ BARCIA ANALIZOU CO ENXEÑEIRO XEFE DE ESTRADAS DO ESTADO EN LUGO VARIAS POSIBILIDADES.

Burela, 19 de outubro de 2011. O Concello inicia un expedente diante de Fomento para reclamar o traspaso da titularidade do vial de servizo que discorre entre o Hospital da Costa e os depósitos da auga, paralelo á variante. O alcalde, José María González Barcia, analizou varias posibilidades esta mañá no encontro que mantivo en Estradas do Estado en Lugo co seu enxeñeiro xefe.

González Barcia indicou que “desde o Concello de Burela imos iniciar un expedente para reclamar ao Ministerio de Fomento, a través do seu servizo de Estradas na provincia de Lugo, o traspaso da titularidade do vial de servizo paralelo á variante, que discorre entre o Hospital da Costa e a zona dos depósitos da auga. Este vial ten unha lonxitude duns 900 metros e un ancho de 4,5 metros e para o Concello de Burela significa moitísimo porque pode afectar de forma moi positiva á elaboración e á tramitación do PXOM”. Hoxe pola mañá na sede de Estradas do Estado en Lugo o rexedor burelés mantivo un encontro co enxeñeiro xefe sobre este asunto, que xa fora tratado no seu día nunha reunión que tivemos na Coruña cos representantes de Estradas do Estado en Galicia.

Foron varias as posibilidades abordadas. González Barcia dixo que “nós podemos solicitar o traspaso da propiedade desta vía de servizo ao Ministerio de Fomento a cambio de que éste nos dea unha partida económica pola distancia que se traspasa, pero a realidade é a que é. Non imos esquecer que agora non hai cartos en ningún lado, todas as administracións están moi frouxas e nós o que lles pedíamos a Estradas esta mañá era a posibilidade de que se puidese acondicionar un pouco ese vial ou ben barallar outra posibilidade que sería solicitar a cesión desa estrada de xeito totalmente gratuito. Esto non deixa de ser unha posibilidade, pero tería que ser a última en caso de que non saisen adiante ningunha das outras”. E subliñou que “hai unha solución intermedia que é que o Concello solicite o traspaso desa vía de servizo a cambio dun importe inferior ao que viña usando Fomento para o traspaso das súas estradas aos Concellos”.

O alcalde aproveitou para recordar que “en Burela algunha experiencia temos neste tema, porque no 2006 o Concello, sendo eu alcalde, asinaba un convenio con Fomento a través do que se cedía a titularidade da actual travesía de Burela, desde o concello de Foz ata o concello de Cervo, todo Arcadio Pardiñas, a cambio de a nada despreciable cifra de 850.000 euros, que serviron para anchear e facer realmente seguras as curvas da zona de A Marosa”. Barcia considera que “esa situación é imposible que se dea agora, teríamos que agardar moito tempo para que ese traspaso se producise a cambio dos cartos marcados por lei. Estamos barallando a posibilidade de solicitar menos cartos para que esa transferencia poida ser unha realidade”.

O rexedor burelés manifestou que “este é un tema que teremos que estudiar desde o equipo de goberno para ver a solución máis idónea. Eu non descarto unha cesión totalmente gratuita polo interese que este vial ten para propio Concello e hai que recoñecer que tampouco está en mal estado, aínda que lóxicamente ésta solución sería a última en aplicarse se non houbese ningún tipo de acordo entre o Concello e Estradas do Estado. Que non hubese acordo non implicaría un deterioro das relacións entre ambas institucións, xa que son moi boas e os contactos entre eles e nós con fluidos”.

Exit mobile version