Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela solicita aos veciños o cumprimento das normas de recollida de cartón e enseres

Nota de prensa

O CONCELLO DE BURELA SOLICITA DOS CIDADÁNS O CUMPRIMENTO DAS NORMAS DE RECOLLIDA DE CARTÓN E ENSERES. O MARTES E O XOVES DA VINDEIRA SEMANA NON HABERÁ RECOLLIDA DE LIXO.

Burela, 29 de outubro de 2011. O equipo de Goberno do Concello de Burela distribuíu recentemente unhas normas referidas á recollida de papel e cartón, por un lado, e de enseres por outro.

Como se sabe, o cartón só se recollerá os martes, xoves e sábados, e os enseres cada quince días. Esta modificación pretende axustar os traballos da empresa concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria, para poder cumprir coa limpeza de sumidoiros e o desbroce de camiños e beirarrúas, cousa que ata o de agora se viña facendo de forma irregular.

Desde o equipo de Goberno alertan de que estas normas non se están a cumprir, o que está a perxudicar ao conxunto dos cidadáns. Por iso, solicitan dos cidadáns o cumprimento das normas de recollida de cartón e papel, e de enseres, que se acaban de distribuír fundamentalmente entre os comercios pero tamén en forma de folletos entre todos os veciños e veciñas de Burela.

Ademais, lembran a necesidade de facer un uso correcto da recollida selectiva, para baixar a cantidade de impropios que se depositan na contedor amarelo.

Tamén referido á recollida de lixo e limpeza viaria, desde o equipo de Goberno advirten que non haberá recollida de lixo o martes, 1 de novembro, día de Todos os Santos, e o xoves, día 3, festividade da patrona dos traballadores da limpeza.

Por todo, solicitan dos veciños e veciñas colaboración para que, por un lado, funcione axeitadamente a recollida de cartón e enseres e, por outro, que se teña en conta que os días indicados non haberá recollida de lixo.

Exit mobile version