
O concello de Cervo rematou a construción dun vial, con cargo ao PIR, na parroquia de San Román, que unirá o lugar do Vilar coa pista do cemiterio, no lugar coñecido como A Pena de Abaixo; a obra contou cun investimento de 20 mil euros. Tamén acometeron arranxos na ponte do Picheiro que agora está restrinxida para vehículos pesados