Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo acolle unha xuntanza para constituír un comité de xestión da Axenda 21 Local

O Concello acolle unha xuntanza para constituír un comité de xestión da Axenda 21 Local

Nota de prensa

O CONCELLO ACOLLE ESTA TARDE UNHA XUNTANZA PARA CONSTITUIR UN COMITÉ DE XESTIÓN DA AXENDA 21 LOCAL, SEGUNDO ANUNCIA HORACIO CUPEIRO.

Ribadeo, 14 de outubro de 2011. O Concello acolle unha xuntanza esta tarde para constituir un comité de xestión da Axenda 21 Local, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

O edil nacionalista explicou que “hoxe ás sete da tarde imos ter unha xuntanza no salón de plenos do Concello para a formación dun comité de xestión, que será o que rixa o desenvolvemento da Axenda 21 Local. Con isto tentamos agrupar á maior parte posible dos axentes sociais, que representan a vida socioeconómica do noso concello”.

Cupeiro contou que “a empresa Signo, que foi contratada pola Xunta, faranos unha exposición do diagnóstico que fixeron e máis do plan de acción que debemos levar a cabo en aras dun desenvolvemento sostible e o incremento da calidade de vida dos nosos cidadáns, que a fin de contas é o que sempre se persigue”.

O concelleiro de Medio Ambiente sinalou que “calquera representante de calquera asociación poderá participar na xuntanza desta tarde, aínda que a empresa Signo recoméndanos que o comité debería estar formado por oito ou dez persoas”.

Exit mobile version