Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo acomete obras de pavimentación nas inmediacións dos contedores soterrados de Rinlo

Nota de prensa

O VINDEIRO LUNS COMEZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NAS INMEDIACIÓNS DOS CONTEDORES SOTERRADOS DE RINLO. DURARÁN UNS QUINCE DÍAS E HORACIO CUPEIRO PIDE DISCULPAS POLAS MOLESTIAS QUE SE POIDAN OCASIONAR A VECIÑOS E CONDUTORES.

Ribadeo, 21 de outubro de 2011. O vindeiro luns, 24 de outubro, comezan as obras de pavimentación nas inmediacións dos contedores soterrados de Rinlo. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide disculpas a veciños e condutores polas molestias que se poidan causar durante os 15 días que durarán estes traballos.

O edil nacionalista explicou que “o luns, 24 de outubro, váise iniciar a obra de pavimentación fronte aos contedores soterrados no porto de Rinlo. A obra está financiada por Costas e a empresa encargada de facela será Tragsa. Durante uns 15 días estará cortado o paso camiño das cetáreas polo que pedimos disculpas aos veciños e aos que circulan por alí polos trastornos que lles poidamos ocasionar”.

Cupeiro sinalou que “mentras se procede a esas tarefas de pavimentación os veciños de Rinlo poderán depositar o lixo nos contedores colocados á saída da ponte. Pídolles colaboración para que non deixen as bolsas tiradas en calquera sitio. Agora chega difuntos e queremos ter o pobo o máis limpo e decente posible, a pesares destas obras”.

Exit mobile version