Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo constituíu o comité de xestión da Axenda 21 local

Nota de prensa:

NO CONCELLO QUEDOU CONSTITUIDO O COMITÉ DE XESTIÓN DA AXENDA 21 LOCAL, QUE SE REUNIRÁ DÚAS OU TRES VECES AO ANO. HORACIO CUPEIRO SUBLIÑOU QUE ESTE ÓRGANO ESTÁ ABERTO Á INCORPORACIÓN DE MÁIS PERSOAS.

Ribadeo, 17 de outubro de 2011. No Concello quedou constituido o comité de xestión da Axenda 21 Local, que se reunirá dúas ou tres veces ao ano, segundo anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. Ata o momento este órgano está formada por sete persoas, pero está aberto a novas incorporacións.

O edil nacionalista relatou que “o pasado venres, 14 de outubro, tivemos unha xuntanza para constituir o comité de xestión da Axenda 21 Local. Neste encontro participaron representantes dos diferentes sectores económicos e asociacións veciñais de Ribadeo. A constitución do comité é algo aberto a outras asociacións, dado que o que perseguimos é a participación para conseguir unha mellor calidade de vida e unha mellora continúa en canto a conceptos sobre sostibilidade como poden ser o económico, o social e o medioambiental”.

Cupeiro sinalou que “nesa xuntanza se fixo unha diagnóse e elaboróuse un plan de acción dinámico onde os representantes sociais poden interactuar no seguimento e facendo propostas para melloralo en todo momento. Como propostas plantexáronse, por exemplo, a mellora en canto ao consumo de recursos e xestión de residuos, a protección de espacios naturais, o aproveitamento dos nosos recursos locais para un desenvolvemento económico sostible, a mellora da calidade de vida da cidadanía ou incrementar a participación cidadá na xestión municipal, isto é unha cuestión básica, que a sociedade de involucre”.

O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “a partires deste momento o Concello contará cunha ferramenta moi úlil para conseguir a finalidade que nos propoñemos e que non é outra que sexa a propia cidadanía quen decida como evolucionar sen comprometer o futuro das vindeiras xeracións”.

Exit mobile version