Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello da Xunta autorizou un acordo de colaboración entre a Emerxencias 112 e Portos de Galicia

Nota de prensa

A AXEGA COLABORA CON PORTOS DE GALICIA PARA MELLORAR Á ATENCIÓN ÁS EMERXENCIAS NOS 122 PORTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

O acordo busca optimizar procedementos, tempos e recursos no relativo ásrxencias que se poidan producir nas instalacións e infraestruturas de Portos de Galicia

O Consello da Xunta, na súa reunión semanal, autorizou o proxecto de acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Emerxencias e Portos de Galicia en materia de protección civil, para mellorar a prestación do servizo e optimizar procedementos, tempos e recursos no relativo ás emerxencias que se poidan producir nas instalacións e infraestruturas competencias de Portos de Galicia.

A finalidade do acordo, que hoxe autorizou o Consello da Xunta, é axilizar o intercambio de información entre ambas as partes, de maneira que ambas estean informadas en relación aos incidentes que se poidan producir nalgún dos 122 portos, e que exixa intervención de servizos externos de atención sanitaria, seguridade cidadá, protección civil, extinción de incendios ou salvamento. En concreto, este proxecto de acordo establece os procedementos de comunicación bilateral entre o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e Portos de Galicia de maneira que ambos estean informados en relación cos incidentes que se poidan producir nalgún dos 122 portos dependentes da Xunta de Galicia.

Portos de Galicia porá os medios humanos e materiais necesarios para o suposto de emerxencias que pola súa extensión ou intensidade sexan especialmente graves, e terá dispoñiblidade permanente as 24 horas dos sete días da semanaen materia de comunicación recíproca entre ambas as partes. A Axega, pola súa parte, enviaralle os informes de predición meteorolóxica elaborados por MeteoGalicia e Aemet. As actuacións recollidas no acordo teñen por obxecto mellorar a prestación de servizos, tanto da Axencia coma de Portos de Galicia, axilizando e priorizando o intercambio de información para acadar a máxima optimización de tempo e recursos en emerxencias, nas que poidan estar implicadas instalacións e infraestruturas competencia de Portos de Galicia.

Cómpre destacar a acción formativa mediante o intercambio de visitas ás respectivas instalacións do Centro de Emerxencias 112 e as de Portos de Galicia para o coñecemento delas, co propósito de que os membros dos servizos externos de Atención de Emerxencia

Exit mobile version