Site icon Crónica3.com A Mariña

O ensino

O ENSINO

Son unha nai de familia con dous fillos en idade escolar, e dende a parte que me toca na educación e formación, quero facer unha crítica ao sistema educativo galego actual.

Primeiro, recordar que según a Constitución Española art. 27 “Derecho a la educación” aparece recollido que o ensino básico é obrigatorio e gratuito. E os poderes públicos garantiran o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino, con participación efectiva de todos os sectores afectados e a creación de centros docentes.

Sen embargo, a realidade actual é moi distinta. Estamos regresando á época na que estudaba o que tiña recursos, non o que ten capacidade para facelo.

Comecemos polo inicio de curso. Lembremos que había un sistema de préstamo de libros financiado pola Comunidade Autónoma. En Galicia foi Celso Curras, (Conselleiro de Educación do goberno de PP) quen o puxo en práctica, e o goberno socialista dirixido por Emilio Pérez Touriño deulle continuidade, estendendo a súa afectación a todos os niveis de primaria e secundaria, principalmente pola axuda que significaba a todas as familias galegas. Máis o goberno de Feijóo e a súa sistemática política de recortes sociais, (polo cal será recordado este político da dereita), tira por terra todos os avances feitos no sistema educativo, gobernase quen gobernase. Isto supón, no meu caso concreto, o seguinte panorama no inicio de curso coa compra de libros: Un neno en 6º de primaria 250 €, e un neno en 3º de ESO, 303€. Isto só en libros de texto, cantidade á que hai que sumar 100€ máis en material escolar (libretas, bolígrafos, lápices de cores, calculadoras, dicionarios, atlas, compás, reglas….). E no caso concreto do alumno de 14 anos, súmaselle a compra de 3 libros de lectura, (no primeiro trimestre) para traballos das sinaturas de galego, castelán e sociais, a unha media de 20€ cada un, co cal a “gratuidade” sigue sumando. Si ademais escollen a especialidade de Francés, informásenos que é moi importante para aprender o idioma ir ao país de orixe a practicalo; cousa que os pais non poñemos en dúbida, máis ben agradecemos a valentía de algúns profesores en apoiar esta iniciativa e dedicar parte de seu tempo libre en desprazarse con eles. Sen embargo, e por causas alleas ao centro escolar, infórmasenos que cursan 40 nenos nesa especialidade, e só teñen prazas para o intercambio educativo para 25. O resto, sacrificio a facer dos pais incluído, non gozará desa mellora (o sistema igualitario empeza a aflorar). Iso si, agradecemos tamén que se nos informe que antes unha parte moi importante dos custes da viaxe se abarataban coas subvencións que aportaba a Consellería de Educación. Pero agora, cos recortes imperantes no sistema educativo de Feijóo tenemos que abonar 200€ por neno.

Por facer un breve resumo, o neno de secundaria saleríanos no primeiro trimestre a ensinanza gratuíta en 663€ e o de primaria en 350€ sen contar roupa, zapatos e actividades extraescolares. Parece que a parte gobernante non se acorda de que a poboación está nun momento de crise, con moitas familias con algún membro en paro, ou os dous, e que agora é o momento de que a administración arrime o ombro para apoiar, e non recortar ingresos nun dos piares fundamentais da nosa liberdade e do noso futuro: A EDUCACIÓN.

Pero sendo isto unha das carencias do sistema educativo, afloran outros déficits non cubertos polo recorte do profesorado; situémonos nunha clase de ESO formada por unha media de 25 alumnos dos cales 15 son repetidores e non teñen un intres en ningunha das sinaturas que cursan. O sistema lles obriga a asistir a clase, e éstos a boicotean mostrando o seu descontento, increpando ao profesorado, e habituándose a un mundo irreal de vagancia onde simplemente coa asistencia teñen cumpridas todas as súas expectativas. Iso si, en prexuízo dos 10 alumnos restantes que si lles interesa estudar e formarse. Si se lles chama ao orde, este tipo de alumnos descalifican ao profesor, o cal se atopa coas mans atadas para actuar, repito, pola ausencia de sistemas e apoio alternativo e pedagóxico, e iso lles leva a socavar cada vez máis a súa autoridade, provocando situacións que non son precisamente exemplo dunha labor educativa, tanto para o que ensina, como para o alumno.

Voltemos ao alumno de primaria. A sinatura de Cidadanía impártese, co moi bon criterio dúas horas á semana. Esta nova sinatura enséalles a teoría dos valores e hábitos cívicos da convivencia. Sen embargo, como as horas lectivas do colexio non aumentan, suprímese unha hora de matemáticas e unha de coñecemento do medio á semana. Pero se manteñen as dúas horas de relixión/alternativa, porque parece ser que isto sí que é fundamental para a súa formación e desenrolo da súa educación, aínda que esta sinatura non puntúe na nota media da valoración final del curso.

Parece que estes políticos que nos gobernan, que esperemos, xa chegaron ao máis alto da súa carreira, xa non se lembran de que cando se presentaron nos dicían que viñan dunha clase humilde, ¿será que iso vende?. Ou ¿será que as alturas e o poder lles fan olvidar? Pois lles recordo na miña breve exposición, a estes políticos do recorte, que apoiar a educación, independentemente da situación económica que teña cada familia, significa crear futuro. E tamén dicirlles, que todos os galegos temos memoria de elefante, e sobre todo, liberdade de voto.

Remedios López Villar

Madre de familia

Exit mobile version