Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR da Mariña organiza unhas xornadas sobre eficiencia enerxética nas explotacións de leite

Nota de prensa

Mondoñedo, 21 de outubro de 2011.

O GDR DA COMARCA DE A MARIÑA ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EXPLOTACIÓNS DE LEITE.

O curso, de carácter gratuíto, vai dirixido a titulares de explotacións e a traballadoras ou traballadores das mesmas; aínda que a asistencia está aberta a calquera persoa interesada.

Terá lugar o mércores 26, xoves 27 e venres 28 en horario de 16 a 19 horas en Barreiros.

A vindeira semana terán lugar no Centro Sociocultural “Manuel Díaz Sampedro”, de San Cosme de Barreiros, unhas xornadas sobre a redución de custos nas explotacións. Estas xornadas están organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural de A Mariña en colaboración coa Federación Rural Galega (FRUGA).

Neste curso haberá unha parte teórica que se desenvolverá en horario de tarde (de 16 horas a 19 horas) o mércores, xoves e venres; e unha parte práctica que inclúe unha visita aunha explotación.

O mércores desenvolverase o módulo sobre as axudas públicas destinadas ao impulso destas medidas. O xoves terá lugar o módulo sobre o sistema de recuperación de calor do tanque de enfriamento do leite para a limpeza das instalacións de muxido e o venres, será sobre a substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

Dentro destas xornadas tamén terá lugar unha visita práctica a unha explotación que conta cun sistema de recuperación de calor para o coñecemento in situ deste sistema.

A inscripción nas xornadas é gratuíta e pode facerse enviando un correo electrónico a amarinha.gdr1@gmail.com ou chamando aos teléfonos 982.50.71.11 ou 648.92.13.10.

Exit mobile version