Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno da Deputación fixo unha declaración institucional polo da actividade armada de ETA

Nota de prensa

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO GOBERNO PROVINCIAL

DEPUTACIÓN DE LUGO

Ante o histórico acontecemento de que ETA anunciase o cese definitivo da actividade armada, o fin do terror, o equipo de goberno da Deputación de Lugo quere facer un recoñecemento público á xustiza, ás vítimas e a todas aquelas persoas que fixeron posible que triunfase a democracia tras décadas de violencia.

Por iso, o primeiro recoñecemento é para as 829 vítimas mortais e as súas familias, que conviviron con décadas de terror, en especial a sociedade do País Vasco, onde hoxe teñen a súa residencia 10.641 lugueses que un día buscaron un traballo mellor. A cidadanía negouse a renunciar ós seus dereitos, abríndose camiño, como único modelo posible, o da convivencia democrática.

A clave da nova etapa que hoxe mesmo empeza deberá ter a mesma dose de responsabilidade que de unidade, a mesma que prevaleceu durante os últimos anos e que desencadenou no fin de ETA. Felicitémonos polo inicio dunha nova etapa, pola vitoria da democracia, da lei e da razón.

Hoxe empeza unha democracia sen terrorismo. Hoxe empeza unha xeneración sen ETA.

Exit mobile version