Site icon Crónica3.com A Mariña

O hotel Nordés e o Burela FS invitan a cear a media Burela

Nota de prensa:
O HOTEL NORDÉS E O BURELA FS INVITAN A CEAR A MEDIA BURELA

O Hotel Nordés e o CD Burela FS Pescados Rubén xa escolleron regalo para os socios/as laranxas no décimo aniversario da entidade futbolística. Os abonados 2011-12 poderán acceder a un suculento desconto do 50% en ceas, de domingo a mércores (consulta de bases en www.hotelnordes.com), no seu servizo de restaurante presentando tan só o carné burelista.

O directivo da entidade, Manuel Blanco, reuniuse cos xerentes da empresa hoteleira, Noelia Fraga e Juan Carlos Pardo, para agradecerlles a colaboración e dar a coñecer a devandita promoción baixo o lema “Esta temporada invitamos a cear a media Burela”, facendo alusión ás atractivas rebaixas de prezos coas que contarán os socios/as do club laranxa no presente exercicio.

O innovador Nordés, sito na avenida da Mariña, número 57 de Burela, abriu as súas portas en 2010 para ofrecer unhas confortables instalacións e unha elaborada cociña entre tradición e vangarda: un perfecto combinado aderezado con magníficas vistas ao mar. O hotel dispón de 47 amplas habitacións, un comedor principal con capacidade para 130 persoas e unha distribución de salóns con capacidade para 150 persoas, ademais dunha acolledora terraza de verán.

Exit mobile version