Site icon Crónica3.com A Mariña

Sábado remata a votación en internet do “Concurso de fotografía de Fazouro”

Nota de prensa:

O I Concurso de fotografía de Fazouro achégase ao seu final. O prazo para votar polas fotografía participantes remata este sábado 15 de outubro. Lembramos que para votar só hai que entrar na web www.fazouro.com e seguir as instrucións que alí se ofrecen.
Ata o momento rexistráronse máis de 4200 votos (repartidos entre as 125 fotos presentadas) e conectáronse á páxina web organizadora do concurso máis de 1700 visitas desde varios puntos de Galicia e media España, habendo incluso visitas contabiliazadas desde EEUU ou Suramérica
A anterior forma de publicidade dunha aldea (gratuíta e capaz de chegar a infinidade de fogares en diversos recunchos do mundo) chamou a atención de varios medios de comunicación que realizaron diversas reportaxes sobre este concurso de fotografía e a súa eficacia como mecanismo publicitario.

Exit mobile version