Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro celebrou o día internacional das Bibliotecas Escolares

Nota de prensa:

Celebrando o día internacional das Bibliotecas Escolares – 24 de outubro

Baixo o lema “Libros e Sons”, a biblioteca do IES Perdouro de Burela achegouse o patio de recreo para conmemorar o día internacional das Bibliotecas Escolares. Nesta xornada lúdico-literaria, o alumnado e o profesorado do centro educativo puideron disfrutar dunha selección de novelas, poesías, banda deseñada, obras teatrais e cine. Asi mesmo, alumnos da clase de Música acompañeron esta mostra literaria interpretando distintos fragmentos musicais para o oído de todos. Por outra banda, a “Xanela da Lectura” da BiblioPerdouro inaugurou unha ampla exposición de libros dedicados e asinados por recoñecidos escritores do panorama nacional e internacional : Xosé Neira Vilas, An Alfaya, Manuel Rivas, Teresa Moure, Manuel Craneo, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, Manuel María, Fernando Lalana, William Ospina, Erri de Luca, José Saramago, entre outros. Con estes actos conmemorativos, foi a ocasión para todos de achegarse unha vez máis de maneira distendida aos nosos amigos os libros.

Exit mobile version