Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén FSF sentenciou un 2-0 cun asedio incesante ao Natudelia.com Zaragoza

O Pescados Rubén sentenciou un 2-0 cun asedio incesante ao Natudelia.com Zaragoza
Nota de prensa

AS BURELÁS SENTENCIAN A PRIMEIRA VITORIA NA BOMBONEIRA CON ASEDIO Á META ZARAGOZANA (2-0)

As burelás puideron brindarlle hoxe á afección da bomboneira a primeira vitoria na casa da liga. O Pescados Rubén sentenciou o 2-0 cun asedio incesante ao Natudelia.com Zaragoza, que amosou en Vista Alegre unha defensa moi eficaz.

Fíxose esperar esta tarde o primeiro gol mariñán. A escuadra de Javier Pardeiro apropiouse do esférico dende os momentos iniciais para tentar a meta rival, aínda que a precisión se resistiu e só conseguiu facer acto de presenza co paso dos minutos. Tras dúas excepcionais oportunidades de Ro, nun pase de Maite e Lucía, e de Lucía, cun zambombazo alto, Claudia inaugurou o marcador, no minuto 16, nun lanzamento que Ro deixou coar para sorpresa da porteira zaragozana. As poucas ocasións das que gozou o Natudelia chegaron despois, nun par de chegadas sen excesivo perigo. Antes do descanso, aínda puideron as laranxas ampliar as distancias, dun disparo de Maite, aproveitado dende saque de esquina, que despexou Ana Belén e dun potente lanzamento de Lucía a balón parado, dende media pista, que bateu no traveseiro.

O segundo período comezou cun xogo máis veloz. Foi o Natudelia o primeiro en xerar perigo, aos dous minutos, nunha tentativa que estragaron Jozi, primeiro, e Lucía, despois. Porén axiña volveu o Burela FS-Pescados Rubén á carga, sen demasiada sorte no asedio. En tan só tres minutos, Claudia en parede con Ro, Maite a pase de Lucía e Dolo tiveron nas súas mans sentenciar o triunfo. Con cinco faltas, a falta de oito minutos, parece que o conxunto maño colleu folgos, ante a efectiva defensa laranxa. Tivo que esperar o Burela FS ao 37, para subir o definitivo 2-0, de Lucía (d.p.). No entanto, a falta de 31 segundos, Dolo perdoou o 3-0.

FICHA

Partido perteneciente a la 6ª jornada de la temporada 2011/2012.
CD Burela FS Pescados Rubén
3 Victorias | 0 Empates | 3 Derrotas
Puntos acumulados: 9 2
Natudelia.com Zaragoza
0 Victorias | 0 Empates | 6 Derrotas
Puntos acumulados: 0 0
Cancha de juego: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Fecha: Sábado, 22 de Octubre de 2011
Alineaciones
CD Burela FS Pescados Rubén
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
5
Dolores Sánchez García
Dolo
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
8
Haydée Agras Moral
Haydée
17
Maite García de la Montaña
Maite

Natudelia.com Zaragoza
1
Ana Belén Peligero Torres
Ana Belén
3
Paula Morote
Paula
9
Jessica Tena Beltrán
Yessica Tena
11
Pilar Hernández Argudo
Pilar Hernández
14
María García
María
6
Rocío Gracia Méndez
Rocío
7
María Isabel García
Tete
8
Lorena Herrando
Lorena
17
Mónica Sandoval
Moni
El partido minuto a minuto
Gol 1 – 0 Min. 16 | Claudia

Tarjeta amarilla Min. 19 | Yessica Tena

Tarjeta amarilla Min. 31 | María

Tarjeta amarilla Min. 36 | Lucía

Gol 2 – 0 Min. 37 | Lucía
d.p.

Exit mobile version