Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE do Valadouro fai un balance negativo e sen iniciativas dos cen primeiros días de goberno

Nota de prensa:

Pasados os primeiros cen días de esta nova lexislatura,
compre pois facer balance dos mesmos.
O primeiro suliñar a repetición de certos “vicios” herdados de
anteriores etapas, seguimos como a sempre xogando a defensiva,
nunca se propón nada novedoso, nin se presenta ningún proxecto
novo, limitámonos coma sempre a investir a subvencións que por lei
nos pertencen, e por riba coma sempre tamén tarde, mal e arrastro.
O acaecido con os contedores soterrados e unha boa mostra do
dito, por certo despois de estar traballando para instalalos durante
as festas aínda no se puxeron en uso, e haberá mais sorpresas de
este tipo en breve.
Séguese tamén sen facer ningún caso do acordado nos
plenos, incumprindo así a lexislación vixente. Pouco importa
aprobar mocións o facer rogos. O novo rexedor séntese por riba do
ben e do mal facendo estéril calquer proposta por parte dos demais
grupos representados no concello. Non importa a oportunidade nin
a urxencia do aprobado, serva como exemplo actitude do Alcalde a
o rogo feito para instalar unha simple barandilla na rúa Fonte Nova
onde hai pouco tempo caeu unha rapaza da Vila. Ou as rampas de
minusvalidos e as deficencias nos pasos de peóns.
Os orzamentos que se comprometeron a presentarse en
setembro seguen onde estaban, supoñemos que gardados en algún
caixón.
O incumprimento do regulamento da radio municipal, onde os
grupos representados na corporación temos dereito a unha
intervención mensual. A pesar das reiteradas veces que
preguntamos cando comezan, o señor Alcalde no se dignou a
contestarnos, das mocións aprobadas o mesmo.
Nada sabemos do pediatra, nin das axudas os estudantes.
O plan xeral de ordenación urbana, segue no limbo, cando
debera ser prioritario.
En definitiva cen días de mais do mesmo. Non nos estraña
que o maior logro que se apunte o señor Alcalde, e o de que o
concello non ten problemas económicos, cousa que podemos
compartir a medias, dado que aínda nos quedan en torno a os
200.000€ de débeda co B.C.L. o que supón unha carga aproximada
de 7.000€ trimestrais, non e unha situación dramática, pero
parécenos que pouco ten que ver o novo rexedor nesto. Por outra
parte o concello de O Valadouro sempre cúmpreo ben con o seus
provedores.
Rematando, desidia, ineficacia e continuísmo. Novas caras e
vellas maneiras.
Se queren outro exemplo do dito, entren na paxina web do
concello seguro que se sorprenden de ver quen os saúda en nome
da corporación.

Exit mobile version