Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela formou un comité de campaña de cara ó 20-N

Os populares constitúen o comité de campaña de cara ó 20-N.

Programados os actos a celebrar hasta a cita electoral.
Serán claves as reunións con veciños nos distintos barrios de Burela.

Burela, a 27 de outubro de 2011.- O pasado martes día 25 o Partido Popular de Burela constituiu o seu comité de campaña de cara ás eleccións xerais do próximo 20 de novembro.

O comité de campaña dos populares bureleses está formado por cinco persoas, baixo a coordinación do presidente do comité, José María González Barcia. Nesa reunión, quedou definido o traballo a realizar polo comité, básicamente referido á organización, publicidade e difusión dos actos que o partido tén previsto celebrar de cara á próxima cita electoral. Tamén se traballará na organización dos axentes electorais, interventores e apoderados.

Así, segundo indicaron desde o PP burelés, volverán a ser claves as reunións con veciños e veciñas que se realizarán nos distintos barrios bureleses, para explicar directamente a mensaxe do Partido Popular e o seu programa electoral. Deste xeito, o PP realizará alomenos oito reunións polos distintos barrios da localidade.

Recentemente, o PP organizou unha serie de reunións polos barrios, neste caso para explicar os catro primeiros meses do goberno municipal de González Barcia.

Exit mobile version