Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pide un pleno extraordinario para apoiar os traballadores e empresa de Mobles Hermida

Nota de prensa:

O PP MINDONIENSE REXISTRA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ACADAR UNHA DECLARACIÓN DE APOIO OS TRABALLADORES E A EMPRESA DE MOBLES HERMIDA

Pretenden acadar un acordo unanime solicitando unha implicación da EMPRESA, TRABALLADORES E DAS ADMINISTRACIÓNS COMPETENTES
consideran que os plenos das corporacións deben dar exemplo de actitude responsable en aras a conseguir unha solución positiva ao que consideran o principal problema da comarca dos ultimos anos

Mondoñedo, a 25 de outubro do 2011

os cinco concellais do Pp Mindoniense, asinaron un texto solicitando un pleno extraordinario para acadar un acordo unánime, responsable e comprometido coas familias que neste momento están a vivir momentos de incertidume, coa empresa que loita pola sua viabilidade, e coas administracións competentes.

a noticia dun posible ERE nunha das principais empresas da comarca supuxo un duro golpe para moitas familias que traballan nesta empresa, pero sen dúbida tamén, para moitos autonómos e empresas que desenrolan os seus proxectos de negocio na nosa comarca, xa que todos entenden que esta empresa supón unha estructura vital na economia de moitos dos concellos, non so en Lourenza, sendo, según manifestan os membros do Pp mindoniense, Mondoñedo, un dos concellos máis afectados.

Unindose así ó pleno da corporación Laurentina, os Populares mindonienses queren manifestar o seu apoio os afectados e trasladar as ADMINISTRACIONS COMPETENTES, a solicitude de implicación no proceso, de rigurosidade na tramitación do expediente, de APOSTA CLARA POLO PROXECTO EMPRESARIAL, intentando contribuir a garantir a viabilidade futura da empresa e por tanto.

manifestando, sobretodo, o máximo respeto durante o proceso negociador, BRINDANDO A SUA COLABORACIÓN na medida das súas posibildiades e competencias, e instando a primar o interés xeral en calquera outro de caracter político ou particular.

“os traballadores e a empresa, deben saber que a corporacion mindoniense, está especialmente sensibilizada con este proceso, e compromete unha actitude responsable e comprometida”

Exit mobile version