Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide a dimisión da ministra de Sanidade pola alarma inxustificada sobre as recomendación emitida pola AESAN

Nota de prensa

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular puxo de relevo a imprudencia e torpeza do Goberno central neste asunto e lamentou que non se respectara o principio de prudencia

BALSEIRO RECLAMA A DIMISIÓN DA MINISTRA LEIRE PAJÍN POLA ALARMA INXUSTIFICADA E O DANO AO SECTOR PESQUEIRO PROVOCADO POLA AXENCIA ESTATAL QUE RECOMENDOU NON CONSUMIR PEIXE ESPADA E ATÚN

O representante da Xunta confirmou –a preguntas do deputado popular- que as comunidades autónomas non tiñan coñecemento do contido –nos seus estritos termos- da recomendación emitida pola AESAN e que o Estado non elaborou ningún tipo de estudo respecto do impacto económico que esta decisión podería provocar como consecuencia do previsible comportamento dos consumidores rexeitando estes produtos

Santiago, 5 de outubro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, reclamou a dimisión da ministra de Sanidade, a socialista Leire Pajín, pola alarma inxustificada e o dano ao sector pesqueiro provocado pola axencia estatal que recomendou non consumir, entre outros, peixe espada e atún. Balseiro fixo estas declaracións na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia que tivo lugar está mañá onde se debatía unha pregunta parlamentaria dirixida á Xunta e na que se interesaba polas informacións que dispoñía respecto da recomendación feita pública pola Axencia Estatal de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN).

En resposta ás preguntas do voceiro popular o director xeral de xestión da Saúde Pública, Manuel Antonio Varela, confirmou que as comunidades autónomas non tiñan coñecemento do contido da recomendación emitida pola AESAN –nos seus estritos termos- e que non teñen constancia tampouco de que o Estado elaborara ningún tipo de estudo respecto do impacto económico que esta decisión podería causar no sector marítimo pesqueiro, como consecuencia do previsible comportamento dos consumidores rexeitando estes produtos.

Balseiro dixo que o Grupo Parlamentario Popular coincide co sector en que a recomendación da AESAN aconsellando que nin os nenos nin as embarazadas consuman peixe espada, deu lugar a graves consecuencias sobre a actividade pesqueira e comercial destes produtos, de xeito especial en Galicia, onde a flota que captura peixe espada é moi numerosa. E lamentou que o procedemento seguido polo Ministerio –sen as explicacións e aclaracións pertinentes- provocara unha alarma inxustificada entre os consumidores. En opinión do voceiro do Mar do Grupo Popular o Goberno do Estado faltou ao principio de prudencia que debe inspirar este tipo de accións e sinalou que aínda están á espera dunha rectificación por parte do Ministerio que, de non producirse, xustifica a petición de dimisión da Ministra Leire Pajín.

Exit mobile version