Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP xustifica os orzamentos do goberno galego para A Mariña

Nota de prensa

Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez fixeron unha valoración de urxencia das contas autonómicas para o 2012 que aumentan un 21% na nosa comarca o que contrasta coa redución orzamentaria do conxunto de Galicia.

OS DEPUTADOS POPULARES SALIENTAN QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A MARIÑA VOLVEN A INCREMENTARSE PESE AO CONTEXTO XERAL DE CRISE E RESTRICCIÓNS

Cifran en 35,7 millóns de euros as partidas das distintas consellerías e organismos autonómicos para obras ou servizos determinados nos concellos da nosa comarca.

Esta cifra para 2012 é máis do doble da prevista no ano 2009, último orzamento elaborado polo goberno bipartito.

Santiago, 20 de outubro de 2011.- Os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao fixeron hoxe unha valoración de urxencia das contas autonómicas para o ano 2012. Os parlamentarios populares salientaron que os orzamentos da Xunta para A Mariña volven a incrementarse pese ao contexto xeral de crise e as restriccións presupostarias.

A Mariña lucense recibirá o ano próximo 35,7 millóns de euros procedentes de distintas consellerías e organismos autonómicos en partidas destinadas para obras ou servizos determinados nos distintos concellos da nosa comarca, unha cifra un 21% superior á do ano 2011 (que foi de 29,5M€). Os deputados populares salientan ademais que a nosa comarca estará especialmente beneficiada polas contas autonómicas xa que mentres que na Mariña lucense crece o investimento da Xunta no cómputo global de Galicia descende.

Finalmente os parlamentarios do PP significaron un dato que dá boa mostra do compromiso crecente do actual Goberno galego coa Mariña e a súa intención de converter a nosa nunha das comarcas de investimento prioritario no conxunto de Galicia. Isto é así porque a cifra dos orzamentos para 2012 é máis do doble da prevista no ano 2009, último presuposto elaborado polo goberno bipartito de socialistas e nacionalistas. “Co PP gaña A Mariña”

PARTIDAS NON TERRITORIALIZADAS

O investimento que recibirá A Mariña no vindeiro ano incluírá tamén as achegas das consellerías e algúns organismos autónomos que non teñen territorializados os seus investimentos, pois manexan partidas xenéricas distribuídas por provincias ou segundo os distintos programas de actuación. Isto é o caso da Consellería de Traballo e Benestar –que ten as competencias no ámbito laboral, de promoción do emprego e respecto das políticas, servizos e centros de atención a maiores– ou da entidade pública autonómica Portos de Galicia, entre outros. Tampouco aparecen territorializadas as partidas da Consellería de Presidencia, Administracións Públcias e Xustiza.

Exit mobile version