Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidenta da Deputación confía na inocencia do ministro de Fomento no caso “Operación Campeón”

Nota de prensa:
Besteiro expresa a súa “máxima e total confianza” en José Blanco ante as acusacións sobre a Operación Campeón

– O Presidente ratificou as declaracións realizadas polo Ministro nas que mantén que as acusacións vertidas contra a súa persoa son “total e absolutamente falsas. Non hai mellor resposta ca realizada por Blanco, ó anunciar que emprenderá accións civís e penais para restaurar o seu honor”

– O titular provincial asegura que “ten plena confianza en que todo quede en nada” e subliña que “o Ministro de Fomento será lembrado como a persoa que máis investiu en Lugo e en Galicia dende que vivimos en democracia”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou este martes a súa “máxima e total confianza” no Ministro de Fomento, José Blanco, logo da suposta relación que vincula ó tamén número dous do PSOE coa denominada Operación Campeón. Gómez Besteiro ratificou as declaracións feitas por Blanco nas que mantén que as acusacións realizadas contra a súa persoa son “total e absolutamente falsas”, confiando en que o proceso xudicial aberto conclúa coa falsedade das mesmas. A este respecto, salientou que “non hai mellor resposta ca realizada polo Ministro, ó anunciar que emprenderá accións civís e penais para restaurar o seu honor”.

O titular provincial fixo fincapé ademais, no feito de que estas acusacións se produzan a menos de 2 meses da celebración das eleccións xerais do 20-N, poñendo en dúbida a súa casualidade. A este respecto, Besteiro manifestou a súa plena confianza en que “todo quedará en nada”, ó tempo que subliñou que “o Ministro de Fomento será lembrado como a persoa que máis investiu en Lugo e en Galicia dende que vivimos en democracia”.

Exit mobile version