Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación propón facer público o patrimonio dos membros da corporación provincial

Nota de prensa:
Gómez Besteiro propón facer público o patrimonio dos 25 membros que conforman a corporación provincial

– Martínez avanza que a Secretaria Xeral está a traballar nesta iniciativa que será levada ó Pleno e que deberá ser aprobado por maioría absoluta, contando xa co apoio de PSOE e BNG

– Será necesaria unha nova modificación do regulamento orgánico logo da acometida polo actual Goberno provincial ó atoparse cun texto do ano 86 que non recollía o dereito ó acceso á información sobre a actividade da institución a todos os Deputados provinciais

– “Logramos que a oposición por fin tivese os mesmos dereitos co restantes membros da corporación. Hoxe teñen plenas facultades neste senso, así como locais propios totalmente equipados, soldos ou asesores”

– A Deputación aporta ós Concellos os medios técnicos e persoais para os controis de ruído, aforrando os 1.000 euros que supón a contratación de 1 soa medición, segundo o mercado

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, anunciou este venres que, á proposta do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a institución fará público o patrimonio dos 25 membros da corporación provincial. Martínez adiantou que a Secretaría Xeral do Deputación xa está a traballar nesta iniciativa que será levada ó Pleno e que deberá ser aprobada por maioría absoluta na sesión. “Dende o PSOE e o BNG non poñeremos ningunha problema ó respecto xa que este é un exercicio de transparencia co que estamos claramente de acordo”, destacou.

O Deputado explicou que será necesaria a modificación do regulamento orgánico que dicta as competencias dos órganos do organismo provincial, así como os dereitos e obrigacións dos Deputados e o Presidente xa que, polo de agora, en dito texto aparece que a publicación do patrimonio dos membros da corporación é facultativa e non obrigratoria.

Á proposta do actual equipo de Goberno, o regulamento orgánico xa foi modificado recentemente, incrementando o dereito a toda a información sobre a institución provincial. Tratábase dun texto do ano 86 que se atopaba obsoleto nesta materia, ó privar ós membros da corporación de coñecer a actividade que desempeña a Deputación. Hoxe, todos os Deputados, sen diferenzas polo partido político ó que representen, tenen acceso a esta documentación. Ó respecto, Martínez destacou que “logramos que a oposición por fin tivese os mesmos dereitos cos restantes membros da corporación xa que neste institución antes primaba a censura e a falla de transparecencia. Mentres nós tiñamos que pedir prestada ata unha silla para revisar a pouca información a que podíamos acceder, hoxe a oposición ten plenas facultades neste senso, ademais de locais propios totalmente equipados, soldos e asesores”.

Nova liña de cooperación e aforro ós Concellos

A Xunta e Goberno aprobou unha nova liña de cooperación cos Concellos mediante a cal a Deputación aportará ós municipios os medios técnicos e personais para levar a cabo as tarefas de control e medición de ruidos, aforrando custes ós Concellos. Segundo os prezos do mercado, a contratación dunha empresa externa para a realización de 1 só estudo destas características supón un desenvolso para as arcas municipais de 1.000 euros.

Manuel Martínez salientou que institución pon en marcha esta medida continuando co traballo en rede e logo de constatar que a gran parte das denuncias rexistradas nos municipios, así como numerosas queixas formuladas ante o Valedor do Pobo teñen por obxecto actividades que provocan molestias por ruído e vibracións excesivas. Ante a pasividade da Xunta, administración responsable do cumprimento da lexislación que rixe esta materia, (a Lei 7 de 1997 de Protección contra a Contaminación), e a falta de recursos municipais, o organismo provincial xa adquiriu os aparellos mediadores de ruido, investindo para elo 18.000 euros, e autorizou a inspectores e técnicos do Servizo de Urbanismo para iniciar de xeito inmediato as primeiras medicións.

Outros acordos

A sesión acordous as contas xustificativas de 7 obras do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 executadas nos Concellos de Baralla, Cervo, Pedrafita do Cebreiro, Lourenzá, O Páramo, Ribadeo e O Valadouro, dotadas de 78.800 euros dos que a Deputación achegou 67.900, case o 75% que é o máximo permitido neste proxecto. Os traballos realizados foron as seguintes: mellora do camiño de acceso de Recesende (Baralla); instalación dun reemisor TDT en Figueirido (Cervo); acondicionamento da igrexa de Riocereixa (Pedrafita do Cerbreiro); arranxo de pistas forestais na Cazolga (Lourenzá); solado do cemiterio de Outeiro (O Páramo); ampliación da entrada ó campo da festa en Villamariz (Ribadeo); e traída de augas dende Teixoeira a Barbeita, en Moucide (O Valadouro).

Exit mobile version