Site icon Crónica3.com A Mariña

O profesorado da Mariña rexeita nun refrendo as medidas tomadas pola Consellería de Educación

Nota de prensa

O PROFESORADO DA MARIÑA REXEITA EN REFERENDO, E DE XEITO ABRUMADOR, AS MEDIDAS TOMADAS POLA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.

A CIG-ENSINO considera un feito histórico a participación e, polo tanto, a implicación do profesorado no rexeitamento dos recortes no ensino público.

Á espera de rematar o escrutinio, e unha vez recollidos os datos de máis da metade dos centros da Mariña, os resultados son os que seguen:

Estás de acordo cos recortes no ensino público?

SI: 1%

NON: 98%

ABSTENCIÓN: 1%

A Consellaría de Educación impuxo un horario lectivo. Estás de acordo con este incremento?

SI: 5%

NON: 92%

ABSTENCIÓN: 3%

Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a vixilancia do alumnado transportado?

SI: 2%

NON: 96%

ABSTENCIÓN: 2%

Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino?

SI: 5%

NON: 94%

ABSTENCIÓN: 1%

Á vista destes resultados temos que tirar as seguintes conclusións:

1º. A alta participación demostra que o profesorado está moi sensibilizado e preocupado pola actual situación do ensino público. Participou no referendo un 95% do profesorado de primaria e un 75% do de secundaria, porcentaxes que superan a todas as consultas feitas até este momento.

2º. O profesorado rexeita de xeito abafante as medidas tomadas pola Consellaría de educación no que respecta á ampliación do horario e custodia do alumnado transportado.

3º. O profesorado considera que as medidas adoptadas pola Consellaría de Educación non melloran a calidade do ensino, en contra do que difunde o Sr Conselleiro.

Desde a CIG-ENSINO valoramos de maneira moi positiva a altísima implicación do profesorado e esperamos que a Consellaría de Educación tome boa nota da súa opinión, rectificando a súa política con respecto ao ensino público.

Exit mobile version