Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela critica a falta de plenos e o impedimento da participación á oposición

Nota de prensa:
Na anterior lexislatura no concello de Burela celebrábase, como mínimo, unha sesión plenaria cada mes.

Esta cadencia é normal para un concello dinámico, con unha poboación de case dez mil habitantes, e con unha esixencia constante de iniciativas sociais, económicas, culturais e políticas. O anterior goberno municipal facilitaba a participación de todos os grupos políticos convocando plenos mensuais.

O actual goberno do PP marcou unha cadencia bimensual para a celebración de plenos ordinarios o que minimiza a actividade de representación e de participación dos grupos políticos.

Pero si grave é a redución de plenos, máis grave resulta a falta de contidos nos asuntos a tratar. Levamos dous plenos ordinarios nesta lexislatura, e si temos en conta que os primeiros plenos deberan ser onde aparecen as liñas de actuación e temas importantes que marcan a singularidade do grupo político que vai a gobernar, hai que deducir que este goberno carece por completo de programa de futuro, de proxecto ilusiónante e de ofrecer confianza os veciños de Burela.

No pleno de pasado 29 levaron catro puntos na orde do día: 1.-Inclusión de varios camiños no rueiro municipal. 2.-Aprobación inicial do regulamento do consello municipal da xuventude. 3.- Inicio dos trámites para declarar a zona xeolóxica do Perdouro como espazo natural de interese local. 4.- Datas festivas para o ano 2012.

O primeiro e cuarto punto son triviais e nin se debaten. O terceiro punto xa fora aprobado, por unanimidade, na anterior lexislatura. O segundo punto lévano a pleno por imperativo da actual Xunta de Galicia e presentan un borrador de regulamento do consello municipal da xuventude incompleto de contidos e sen consultar a ningunha asociación xuvenil, tampouco quixeron a nosa colaboración.

No apartado de rogos e preguntas non se respondeu o preguntado. Unha pregunta era si se fixo algo para limpar de lodos o encoro de rúa (hai máis de 20.000 metros cúbico que xa están dando problemas de calidade e cantidade de auga para o abastecemento) a resposta foi un comentario sobre o desenvolvemento do proxecto. Outra era sobre o incumprimento da orde que establecía as bases reguladoras da convocatoria de unha praza de orientador/a laboral (onde excluíron as titulacións de psicoloxía e psicopedagoxía) a resposta foi que a Xunta lle lo permitiu.

Neste apartado, de rogos e preguntas, déronse casos de anarquía nas intervencións de algún membro do equipo de goberno dándolle, o pleno, carácter de sainete cómico.

En Burela preocupan temas como o acceso ó porto, o plan xeral, o emprego, a formación, as prazas na gardería, as prazas concertadas no centro de día, o prezo e servizo da auga, o desenvolvemento social, económico e cultural, o futuro do hospital e que Burela siga sendo un referente de futuro na Mariña. Éstes si son puntos de referencia para debatir en pleno.

O anterior goberno deixou unha herdanza de un millón de euros para diferentes proxectos, o actual goberno debe deixar de ser goberno-oposición para concentrarse en dar confianza de xestión ós veciños. De momento están a facer todo o contrario.

Exit mobile version