Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz di que está soprendido pola decisión do alcalde de non tratar a petición dunha auditoría

Nota de prensa

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE FOZ, ESTA TOTALMENTE SORPRENDIDO POLA DECISIÓN DO ALCALDE DE FOZ DE NON TRATAR A PETICIÓN DUNHA AUDITORÍA DA XESTIÓN DO ANTERIOR ALCALDE, TAL E COMO PEDÍA O PP LOCAL E LEVABA NO SEU PROGRAMA ELECTORAL.

O Grupo Socialista emprega o típico refrán, “POR LA BOCA MUERE EL PEZ” logo da decisión do Alcalde de Foz de non levar a debate, no pleno municipal, a petición de unha auditoría das contas.


O Alcalde, pásase un día si e outro tamén criticando as contas do anterior Goberno, ameazando con unha auditoría non medios de comunicación, auditoría que nunca presentaba.

Agora que o Partido Socialista local lle solicita un Pleno Extraordinario para debater a petición de dita auditoría negase a conceder e hurta o debate da mesma, e coidado!, aínda que non se aprobe facela non pode privar o seu debate no Pleno.

A pregunta está servida, ¿Quen nos Goberna?, ¿Por que se nega o que este Señor pedía constantemente?, ¿Para que levaban esto no seu programa electoral e agora din que non se fai?.

A polémica no Pleno está servida e o noso grupo fará valer a democracia para aqueles que andan difamando e contando mentiras e logo cando se lles pide contas se esconden nun acto nunca visto no noso Concello, negar o debate de algo que ten interés para os nosos cidadáns.

Exit mobile version