Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz pide documentación municipal vía servizos de secretaría intervención

Nota de prensa

D. JOSÉ MARÍA GARCÍA RIVERA, PORTAVOZ DO PSdeG-PSOE PRESENTA PETICIÓN O CONCELLO DE FOZ PARA QUE OS SERVIZOS DE SECRETARÍA-INTERVENCIÓN ME FAGAN CHEGAR AS SEGUINTES COPIAS OU INFORMES DOS ASUNTOS QUE RELACIONO A CONTINUACIÓN:

1.- Copia dos Plenos onde o Partido Popular votou en contra da aplicación dunha taxa para que o servizo de funcionamento das depuradoras que leva Gestagua se puidese financiar.

2.-Ao non votar a favor o Partido Popular loxicamente o Concello de Foz tivo que gastar remanente de Tesourería que calculamos superou co anterior gobernó o MILLÓN DOUSCENTOS MIL EUROS. Como nós sabemos a cifra exacta, solicitamos que polo Servizo de Intervención se nos informe de dita cifra oficialmente. Por suposto, a cifra debe de corresponder ao Goberno do Sr. Rivera.

3.- Solicitamos do Sr. Alcalde que nos informe de canto vai a costar aos cidadás a taxa que aplicará a Xunta unha vez se faga cargo das depuradoras e tamén que nos diga se se deu algún paso sobre este asunto.

4.-De xeral coñecemento era a instalación dunha nova depuradora en Foz, ata que o Partido Popular parou o proxecto na Xunta de Galicia. Interésanos saber de parte do Sr. Alcalde o seguinte: Cando comeza esta obra? E onde pensa instalar a nova depuradora

Exit mobile version