Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz recoñece contactos con Unifoz e BNG pero non que se falase de moción de censura

Nota de prensa

Pola presente o PsdeG PSOE de Foz quere aclarar a situación política que nestes momentos temos no Concello de Foz.
Ante as últimas noticias salidas nos distintos medios de comunicación referidas a unha posible moción de censura ó Goberno do PP en Foz e mais a distintas reunións que se están a celebrar con UNIFOZ e o BNG temos que decir o seguinte:
O noso partido participará en todas aquelas reunións con calquera grupo Municipal que así no lo solicite, e así o estamos a facer ata a fecha, é certo que mantivemos unha reunión con UNIFOZ e BNG antes do pleno sobre sanidade que o noso Grupo Municipal solicitou como extraordinario,dando como resultado a votación en bloque dos oito membros da oposición a favor da moción presentada polo Grupo Municipal do PsdeG PSOE de Foz, tamén é certo que a fecha de ontes mantivemos unha nova reunión con UNIFOZ para falar da situación actual do noso Concello e tratar de mellorala.
Coincidimos nun grande número de cuestións,temos formas mui parecidas de ver a situación actual do Concello a cal calificamos de desastrosa pola mala xestión que está a facer o PP, e son mais as cousas que nos unen que nos separan, por todo esto manifestamos que seguiremos facendo reunións e tendo contacto permanente para intentar cambiar a situación actual do noso Concello, facendo políticas nalgunhos temas conxuntos pensando no beneficio dos veciños e veciñas do noso Concello,
Temos que manifestar tamén claro e alto que non se falou en ningún momento de ningunha moción de censura, pero o que non é menos certo e que as forzas da oposición tamén somos responsables indirectamente do bon ou mal funcionamento do Concello, polo tanto o PsdeG PSOE de Foz seguiremos facendo unha oposición seria,constuctiva e responsable e seguiremos en contacto co resto de partidos da oposición e trataremos de responder a cada situación particular que se vaia producindo, traballaremos en temas conxuntos e por separado e co paso do tempo iremos tomando as distintas decisións.

Exit mobile version