Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz solicita un pleno extraordinario para ver o estado económico do concello

Nota de prensa:
ATT: Sr Alcalde-Presidente do Concello de Foz:

O Grupo Municipal do PsdeG PSOE de Foz á vista de que o Alcalde deste Concello día sí e día tamén sale ós medios de comunicación manifestando que non pode facer nada porque hai moita débeda no Concello,que hai fácturas ocultas e que en definitiva a economía municipal está en bancarrota,culpando ó noso grupo municipal, e vendo que vostede non toma a iniciativa de realizar unha auditoría coa que leva ameazando dende que tomou posesión,este Grupo Municipal Socialista e o Partido Socialista que gobernou este Concello durante 16 anos non lle vai tolerar ningún tipo de ameazas nin de enredos.

Por todo o anteriormente exposto o Grupo Municipal do PsdeG PSOE de Foz solicitamos:

UN PLENO EXTRAORDINARIO COS SEGUINTES PUNTOS NA ORDE DO DÍA:

1-Estado económico do Concello de Foz a 08/06/2011.

2-Debate das facturas ocultas.

3-Realización dunha auditoria dos gobernos presididos polo Sr. José María García Rivera dende o 10/06/1995 hata o 11/06/2011 cos seguintes requisitos:

A: A auditoría debe conter a herencia entregada polo PP a fecha do 10/06/1995 coas seguintes especificacións:creditos solicitados,facturas sen pagar, facturas fora de contabilidade e inversións realizadas anualmente durante o mandato do PP.

B: Información dos gobernos do PsdeG PSOE coas mesmas especificacións que as mencionadas anteriormente durante o mandato do PP.

C: A maiores a auditoría debe conter todo aquelo que a Corporación Municipal decida, e sair a contratación Pública, así mesmo a adxudicación da mesma realizarase nunha mesa de contratación coa participación de todos os Grupos da Corporación Municipal.

Exit mobile version