Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo explica inversións acometidas en Ribadeo durante estes últimos catro anos polo Goberno socialista de España e máis pola Deputación

Nota de Prensa

Video publicitario

INVERSIÓNS FEITAS POLO GOBERNO SOCIALISTA DE ESPAÑA E POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN RIBADEO NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS.

REMATE DA OBRA DA VILAVELLA, PRAIA DOS BLOQUES E RECUPERACIÓN DOS MUIÑOS DAS ACEAS.

Declaracións da Secretaria de Organización da Executiva María Antonia Loureiro

A Executiva do PSOE quer dar a coñecer algunas das inversión acometidas en Ribadeo durante estes últimos catro anos polo Goberno Socialista de España e máis pola Deputación Provincial de Lugo a través dun vídeo o que podemos acceder a través da seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=WNfgqsiS8E0&feature=share

Obras como as da Vilavella, Praia dos Bloques e a recuperación dos muiños das Aceas supoxeron para o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño un desembolso de case dous millóns de euros; as levadas a cabo nas Avenidas de Galicia e de Asturias polo Ministerio de Fomento, 1.300.000 euros e, ademais, a Deputación Provincial de Lugo investiu ó redor de 4.000.000 € en Ribadeo a través dos Plans de Cooperación Veciñal, asfaltado en quente de determinadas estradas e a construcción da nova ponte en Arante.

Dende o noso partido queremos que Ribadeo siga na senda do progreso, investindo e mellorando o entorno urbano e rural.

A obra de A Vilavella está xa rematada e foi recibida polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Pode accederse pois ás instalacións da praia dos Bloques, ao espazo da Vilavella asi como á senda peonil que comunica cos muiños das Aceas. Convidamos aos veciños a asomarse a estes lugares e comprobar unha das mostras máis emblemáticas de recuperación dunha amplísima área con múltiples dotacións e servizos. Para nós é un motivo de lexítimo orgullo posto que se trata dunha actuación do goberno socialista, aspecto no que queremos insistir, por unha banda para evitar a apropiación indebida do mérito por parte do alcalde e, pola outra para desmentir esa especie de bulo do PP sobre a falla de investimentos. Desde logo en Ribadeo non. E en Galicia tampouco se reparamos na actuación do Ministerio de Fomento que, ademais, resulta que é o noso candidato pola provincia.

Resta agora que o Concello cumpra coas suas obrigas respecto desta área, posto que non se trata dunha cesión incondicionada. Nós, a través do concelleiro Eduardo Gutiérrez, xa presentamos a nosa proposta, perfectamente congruente coas obrigas esixidas pola Dirección Xeral de Costas.

Exit mobile version