Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo reivindica as obras na praia dos Bloques e nas Aceas para o Ministerio de Medio Ambiente

Nota de Prensa

PUBLICIDADE SUBLIMINAL NA REDE

AS INSTALACIÓNS NA VILAVELLA, NA PRAIA DOS BLOQUES E NAS ACEAS FORON REALIZADAS POLO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE.

O PSdeG REXEITA A APROPIACIÓN INDEBIDA QUE FAI O ALCALDE DESTA EMBLEMÁTICA OBRA.

Declaracións da Secretaria de Organización da Executiva María Antonia Loureiro

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, próximamente inagurará as obras que levou a cabo dentro do proxecto de recuperación da antigua planta de transformación de algas, a construcción de novas instalacións naútico deportivas na Praia dos Bloques, a fermosa senda peonil que leva ás Aceas e a recuperación dos dous muiños, o do regato e o de mareas, e cederá ao Concello o seu uso, xestión e conservación das instalacións. O custe de dito proxecto ronda os 2.000.000 de euros que veñen a engrosar o volumen de obras financiadas polo Goberno de España no Concello de Ribadeo.

Compre lembrar isto, pois recentemente, apareceu nas redes sociais un vídeo propagandístico cuxo autor non é outro máis que o Sr. Alcalde facendo alarde de bó vendedor con comentarios do tipo “magníficas e maravillosas vistas” “paraxes de fraga descoñecidos por moitos”… pero dende logo cargado de connotacións subliminais atribuíndose o mérito de tales obras.

Tamén convida con un pouco de présa, os veciños e veciñas do Concello a visitar os fermosos lugares e atractivas instalacións cando a obra aínda non foi entregada e pode sopor un perigo esa visita. Él debeu sopesar o perigo o que se expoñía nese paseo en bicicleta á hora de grabalo vídeo.

Por outra banda, debemos poñer en coñecemento da cidadanía a proposta levada a Pleno polo Concelleiro do PSdG- PSOE de dedicar, complementariamente, a ecomuseo e a museo convencional o edificio principal de A Vilavella e de constituir un Padroado encargado da definición e deseño museístico, así como do cuidado e arrequecimento das instalacións.

Exit mobile version